Notas de prensa

Norberto López Amado, premio Ourense do 24º OUFF

O Premio Ourense, un dos máis arraigados na historia do Ourense Film Festival, será na 24ª edición, organizada pola Deputación de Ourense, para o director ourensán Norberto López Amado que, desde finais deste ano, dirixirá a serie "3Camiños", que será gravada por varios países pola produtora galega Ficción Produccións. O Premio Ourense foi na edición anterior para o actor Luis Tosar, e entre os galardoados en edicións anteriores están os directores Luis Gª. Berlanga, Enrique Urbizu e Emilio Martínez Lázaro.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comunicoulle directamente ao premiado a concesión deste galardón que vén a recoñecer o seu labor e a súa traxectoria. Baltar dixo que López Amado é "un ourensán que acredita a súa condición polo traballo e creatividade que atesoura. É un magnífico exemplo da relevante achega que se pode facer desde Ourense ao sector audiovisual e é un fantástico aliado para o OUFF e o seu futuro".

O Premio Ourense foi na edición anterior para o actor Luis Tosar, e entre os galardoados en edicións anteriores están os directores Luis Gª. Berlanga, Enrique Urbizu e Emilio Martínez Lázaro, ademais dos actores José Sacristán, Imanol Arias e Emilio Gutiérrez Caba. Igualmente foron recoñecidas en anteriores edicións do festival as actrices Lola Dueñas, Mercedes Sampietro, a directora Pilar Miró e a escritora Elvira Lindo.

Norberto López Amado

Norberto López Amado naceu en 1965 en Ourense. É director e produtor, tanto de cinema como de televisión, coñecido por longametraxes como "Nos miran" (2002), series de TV como "El tiempo entre costuras" (2013) ou documentais como "¿Cuánto pesa su edificio, Sr. Foster?" (2010). Estudou a carreira de Dereito e mentres a cursaba, aprendía cinema no Taller de Artes Imaxinarias. Empezou a traballar na Axencia EFE na área de televisión e aí tomou o seu primeiro contacto co sector audiovisual. Os seus comezos no cinema foron realizando curtametraxes, que ao principio financiaba co seu soldo ou pedindo créditos. "El espíritu de la Luna" (1994), a súa primeira curta, acadou un gran éxito. Pero o seu gran lanzamento foi a longametraxe "Nos miran", protagonizado por Carmelo Gómez e Iciar Bollaín.

A continuación comezaría unha brillantísima carreira en televisión participando en numerosas series de éxito. Filmou capítulos para "El comisario", "El internado" ou "Herederos". En 2010 fixo unha paréntese na televisión para dirixir o documental "¿Cuánto pesa su edificio, Sr. Foster?", premiado en varios festivais de todo o mundo. Volvería a televisión asinando capítulos para "Tierra de lobos" (2010-2011) e "Las aventuras do capitán Alatriste" (2013). A continuación chegarían dúas das series de máis éxito "El tiempo entre costuras" (2013-2014) e "El príncipe" (2014), das cales filmou sete capítulos en total.

En 2015 dirixe "La decisión de Julia", que formou parte da sección oficial do Festival Internacional de Cinema de Ourense, levándose a súa protagonista Marta Belaustegui, o premio á mellor actriz. En 2002 forma parte do xurado da sección oficial na sétima edición do certame ourensán.

En 2015 inicia a serie "Mar de plástico" completando sete capítulos e regresa ao cinema tres anos despois con "El cuaderno de Sara". Volve a televisión e firma dous capítulos de "Brigada Costa del Sol" e un de "Secretos de estado", ambas deste ano. Entre as súas facetas menos lembradas figura a co-dirección xunto a Miguel Bosé do programa musical "Séptimo" para TVE.

En breve comezará o proxecto "3Camiños', que se converterá na primeira serie de ficción internacional e transmedia en torno ao Camiño de Santiago e ás vivenzas emocionais ao redor da peregrinación cunha trama non "lineal", desenvolta en tres momentos temporais distintos e rodada en seis idiomas. Liderada pola produtora galega Ficción Producciones, con apoio da Xunta de Galicia e Xacobeo 2021, rodarase a partires de novembro en España, Alemaña, Corea do Sur, Francia e México, países de orixe dos protagonistas.

Deputación de Ourense, 2019-08-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-gaivota-cdg.JPG) A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukušić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukušić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.
A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES