Notas de prensa

13 expositores renovan a feira de artesanía Mostrart

A feira de artesanía MOSTRART, que se está a celebrar nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, renova a partir de hoxe 13 das súas casetas, ca participación de outros 13 novos obradoiros que suporán un atractivo engadido e a oportunidade de visitar a feira por segunda vez, para encontrar novas e refrescantes propostas creativas. Mostrart está organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), que traballa na promoción da artesanía dende 1983.

Algúns destes obradoiros participan por primeira vez na feria, e son Polo Enríquez, con vidro de O Temple-Cambre (A Coruña), Ferraxe de Prata, con xoiería de Teo (A Coruña) e Miyaya, con cerámica de Madrid.

O resto dos participantes que comenzan hoxe a súa exposición, son Bruxarte, marroquinería de Vigo, Mico Deseño Textil, de Vigo, Manolo Cremallera, marroquinería da Coruña, Belategui Regueiro, textil de Cambre (A Coruña), Senda, marroquinería de Pobra do Brollón (Lugo), Volta Revolta, da Coruña traballos realizados con serpentina de papel, Mario López, de Vigo, xoiería, O Falsete, olería de Buño (A Coruña), Pilar Piñeiro-Cerámica de Cangas do Morrazo (Pontevedra) compartindo a caseta con El Arce Imaginario, con talla de madeira da Coruña,

Todos eles, co resto dos expositores que xa participan na feira dende o día 1 de agosto, exporán as súas creacións ata o próximo 15 de agosto. Horario da feira: de 11 a 14 e de 17:30 a 22 h.

Mostrart conta co apoio da Xunta de Galicia, da Fundación Pública Artesanía de Galicia e do Concello da Coruña. Está organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), que traballa na promoción da artesanía dende 1983.

Mostrart, 2019-08-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-gaivota-cdg.JPG) A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukušić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukušić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.
A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES