Notas de prensa

A máis importante asociación internacional de psicoxeriatría celebra o seu congreso anual en Santiago de Compostela

A asociación científica e profesional sobre psicoxeriatría máis importante do mundo celebrará a finais de agosto na USC o seu congreso mundial por vez primeira en España. Entre os días 31 de agosto e 3 de setembro, o congreso desenvolverase agrupando a International Psychogeriatric Association (IPA) e a Sociedade Española de Psicoxeriatría (SEPG). A IPA aborda a saúde mental das persoas maiores cun enfoque integral e interdisciplinar.

No congreso abordaranse os temas de maior actualidade no ámbito dos coidados sanitarios, con especial atención á diagnose e tratamento do deterioro cognitivo, demencia, depresión e outros trastornos mentais. O programa, ademais de debater sobre as medidas sociais necesaria para aumentar o benestar das persoas maiores, tamén prestará atención á abordaxe desta tipoloxía de trastornos nos distintos niveis asistenciais: na atención primaria, no nivel especializado e nas residencias. Tamén terán cabida os aspectos éticos, legais e outras cuestións como a sobrecarga do coidador non profesional.

Os detalles do encontro presentáronos este martes 6 en rolda de prensa o vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa; a xerenta da Ãrea Sanitaria de Santiago, Eloína Núñez; o decano da Facultade, Julián Ãlvarez Escudero; e o presidente do comité organizador do congreso, Raimundo Mateos. Como se puxo de manifesto no encontro cos medios de comunicación, é a primeira que o congreso mundial de IPA se celebra en España despois de dezaoito edicións celebradas ata o momento, un terzo delas en diversas cidades europeas. A súa celebración en España vén precedido da organización en Compostela en 2010 do encontro internacional da IPA, eventos de carácter internacional da mesma asociación pero de menor entidade que os congresos.

IPA

O programa do congreso da IPA arrancará o sábado 31 de agosto cun debate arredor da saúde mental en atención primaria para as persoas maiores, ao que seguirá a sexta Conferencia internacional sobre capacidade na que, entre outros cuestións, revisaranse a situación actual respecto da morte voluntaria asistida, o divorcio ou matrimonio ou a dirección financeira, así como sobre a capacidade testamentaria, capacidade profesional ou sobre suicidio, influencia indebida e maltrato de persoas maiores.

Neste primeira xornada tamén se tratarán os novos enfoque clínicos e estratexias de investigación respecto da figura do coidador; a enfermidade de Alzheimer; a medición da conduta desafiante; o uso inapropiado de substancias psicotrópicas no coidado de anciáns a longo prazo; a dor nos adultos maiores con deterioro cognitivo e a demencia de aparición temperán, entre outras cuestións.

Polo que respecta á SEPG, a xuntanza comezará o domingo 1 de setembro falando sobre trastornos duais en poboación xeriátrica, tema do simposio de colaboración entre a SEPG e a Sociedade Española de Patoloxía Dual, e continuará cun segundo simposio coa Societat Catalana de Psiquiatría para tratar o trastorno bipolar no ancián.

Universidade de Santiago de Compostela, 2019-08-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES