Notas de prensa

A APECSA convoca o VII Premio Internacional de divulgación do Camiño de Santiago, dedicado a Segundo Vázquez Portomeñe

A Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), formada por profesionais da comunicación, escritores, historiadores e estudosos do Camiño de Santiago, convoca a sétima edición do `Premio Internacional APECSA”, de divulgación dos valores do Camiño de Santiago, ao que, nesta edición, poderán presentarse obras de divulgación e promoción xacobea.

Entre as obras presentadas poden estar libros, publicacións, traducións, producións audiovisuais, series en calquera soporte, congresos, xornadas, encontros, etc. Tamén poderán presentarse accións realizadas por institucións e persoas físicas ou xurídicas, en defensa e beneficio do Xacobeo e do Camiño de Santiago.

Esta edición está dedicada a Segundo Vázquez Portomeñe (Taboada -Lugo-, 1940 - 2019), mestre, licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, director de departamento de Cultura e Programas Xacobeo 93, xefe do Servizo de Promoción do Camiño de Santiago na Xunta de Galicia, director de “La Gran Obra de los Caminos de Santiago”, de Hércules Edicións, membro de APECSA e experto estudoso do Camiño de Santiago e do Xacobeo.

O premio, igual que nas seis edicións anteriores, non terá dotación económica e consistirá nunha escultura, Harmonía, de Luís Loureira, e un diploma acreditativo. Na edición do ano pasado foi premiado o Parlamento de Galicia e en edicións anteriores o premio correspondeulle ao Deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez, a José Antonio Ortiz, director da revista Peregrino, e a Javier Gómez-Montero, catedrático de Literaturas Románicas da Universidade alemana de Kiel, pola súa obra “Imaginarios jacobeos entre Europa y América”.

O prazo de presentación de candidaturas para o Premio concluirá o día 9 de setembro de 2019 e deberán dirixirse ao correo electrónico: [email protected] ou ao seguinte enderezo: Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), Rúa Castrón Douro, nº 20. 15703 Santiago de Compostela (A Coruña). Os membros do Xurado, unha vez constituído e antes de comezar as deliberación, poderán presentar candidaturas. O acto de entrega do Premio realizarase no último trimestre deste ano.

O xurado estará formado por cinco persoas de recoñecida traxectoria. Dous membros corresponderán a APECSA e serán designados pola súa xunta directiva, e os tres restantes representarán ás asociacións ou colexios de xornalistas, ao mundo da hostalería e o comercio vinculados ao Camiño, e ás entidades xacobeas (asociacións, institucións, etc.).

Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago, 2019-08-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-gaivota-cdg.JPG) A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukušić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukušić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.
A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES