
Esta fin de semana Ourense será o mellor lugar para as persoas que desexen deXconectar das súas rutinas, explicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación do programa de actividades, nun acto que contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira; e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias.
Hoxe presentamos esta gran oferta cultural. Pero non fan falla escusas para Sentir Ourense e experimentar a maxia desta cidade. Porque ao longo do ano ofrecémoslles aos nosos visitantes unha forma de vivir especial, unha experiencia, unha sensación. Iso que coñecemos desde fai vinte séculos, dixo o rexedor Jesús Vázquez.
Na súa intervención, o rexedor destacou que grazas á colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Turismo e a Consellería de Cultura, a vindeira fin de semana Ourense vivirá unha efervescencia cultural que converterá as nosas rúas nun destino atractivo para os amantes da música; das artes; da gastronomía; e de Festas que nos fan únicos no mundo, coma os Maios e o Entroido, dixo o rexedor.
É unha proposta pioneira, que se desenvolve por vez primeira na nosa cidade e que nos converterá nun punto de referencia para atraer turistas e visitantes doutras zonas limítrofes e para dinamizar o noso Comercio e o sector hostaleiro, incidiu o rexedor.
Concerto de Jazz
Así, o venres 3 de maio, a Praza de Santa Eufemia acollerá o tradicional concerto de balde do XXIII Festival de Jazz de Primaveira. Este ano, estará protagonizado pola banda The Blues Giants, un grupo que leva décadas enchendo os principais templos do jazz e do blues.
Ourense, capital dos Entroidos de Galicia
O sábado pola mañá, Ourense será a capital do Entroido, coa celebración do Desfile dos Entroidos de Galicia, unha actividade que chega a nosa cidade grazas á colaboración coa Xunta de Galicia.
Trátase dunha oportunidade excelente para gozar de Entroidos de Interese Turístico coma os de Cobres (Vilaboa), Manzaneda, Verín, Xenerais da Ulla e Xinzo de Limia. Ademais, tamén participarán figuras únicas doutros Entroidos coma os Volantes de Chantada, as Bonitas de Sande (Cartelle), os Vergalleiros de Sarreaus, os Vellaróns de Riós, os Galos de A Mezquita (A Merca) e unha representación do Entroido de Samede (Paderne).
O desfile sairá ás 12:30 horas desde a Praza Maior e percorrerá as rúas da zona centro da cidade (Lamas Carvajal, praza de Santa Eufemia, rúa Lepanto, praza do Ferro, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, Paseo, Lamas Carvajal e remate, de novo, na Praza Maior).
Pola tarde, a Festa trasladarase aos Xardíns do Padre Feijóo, que acollerán a actuación, de balde, dunha das agrupacións musicais con máis historia da nosa comunidade: O grupo A Roda. Será a partir das 20:00 horas.
O broche de ouro destas fin de semana será o domingo, coincidindo coa tradicional celebración da Festa dos Maios. A partir das 11:00 horas, a rúa do Paseo acollerá a colocación das esculturas de musgo, mentres que a animación musical a cargo do grupo de gaiteiros Os Furafoles e dos cabezudos comezará ás 11:30 horas.
O paseo do xurado será ás 12:00 horas. Ao longo da xornada haberá xogos populares e animación de rúa. A entrega de premios e canto de coplas será ás 18:30 horas. A festa rematará coa actuación do grupo Os dAbaixo.
Exposición Antonio Fraguas
Pero ademais destas actividades, o hall do Auditorio de Ourense acolle entre os días 1 e 15 de maio a exposición Antonio Fraguas, memoria dun soño, organizada con motivo das Letras Galegas 2019. A nosa cidade é a segunda etapa que visita esta mostra itinerante que presenta a Xunta de Galicia.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.