Notas de prensa

Encontro técnico do programa ReAcciona sobre as posibilidades vinculadas á Industria 4.0, este martes, en Santiago

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, informará ás empresas galegas sobre as oportunidades e posibilidades vinculadas á Industria 4.0 no marco dunha xornada específica do programa ReAcciona que fará especial fincapé nas melloras da organización empresarial asociadas a chamada nova industria.

No marco deste encontro técnico, que se desenvolverá este martes, 26 de xuño, a partir das 9,30 horas, na sala de cursos do Igape, en Santiago de Compostela, haberá relatorios sobre a Industria 4.0 e as súas tecnoloxías habilitadoras, sobre o programa reAcciona e sobre a aplicación de ferramentas que impulsan a eficiencia na cadea de produción (lean manufacturing).

O programa ReAcciona está deseñado para impulsar accións de mellora en áreas concretas de xestión, de planificación ou de incorporación de solucións propias da Industria 4.0 polas pemes galegas, poñendo á súa disposición, co apoio de expertos, o coñecemento, os métodos e ferramentas necesarias para que poidan reinventarse de forma continuada.

O obxectivo fundamental do programa cofinanciado ao 80% con fondos Feder é, polo tanto, apoiar ás pequenas e medianas empresas galegas na profesionalización dos seus equipos directivos e de xestión, para procurar que as melloras teñan carácter permanente e para que saiban fortalecerse como paso previo ao seu crecemento ou internacionalización.

Mediante esta iniciativa, as empresas poden escoller o seu itinerario personalizado de mellora segundo as súas necesidades e potencialidades, apoiándose nun ou varios servizos que van desde un diagnóstico inicial, tanto xenérico como no escenario da Industria 4.0, ata a execución dos diversos plans operativos por función, pasando, se é preciso, por unha análise estratéxica detallada para marcar o rumbo futuro da empresa.

Igape, 2018-06-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo_galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatistica (INE) fixo públicos os datos sobre a ocupación nos primeiros seis meses do ano que indican que 2.967.407 viaxeiros visitaron Galicia facendo un total de 4.961.113 noites nos establecementos galegos. Estas cifras son as máis elevadas dos últimos once anos e tradúcense nun incremento en viaxeiros do 4,5% e do 3,8% en volume de noites. O mercado internacional supón neste semestre o 39,6% dos viaxeiros que visitaron a comunidade, rexistrando un incremento do 5,5% con respecto ao mesmo período de 2024. Concretamente, no mes de xuño, o incremento de viaxeiros foi do 6,7% acadando 814.138 visitantes e do 7% nas noites, superando o 1,4M. En canto a mercados de procedencia destes visitantes destaca o 57,6% do turismo nacional -interno e doutras Comunidades españolas- e o 42,4% do internacional.
Foto de la tercera plana (ilg-usc.jpg) O Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) acaba de publicar, en colaboración coa Fundación Barrié e USC Editora, o Atlas Lingüístico Galego VIII. Léxico. O ser humano (III). Trátase do oitavo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), obra de investigación dialectolóxica amplamente recoñecida no eido dos estudos europeos 'pola rigorosidade dos seus datos e a excelencia das súas visualizacións cartográficas', explican. O novo tomo, froito do traballo dos profesores Rosario Ãlvarez, Francisco Dubert e Xulio Sousa, está constituído por 280 mapas que dan conta das variedades léxicas no dominio do galego para 259 conceptos vinculados á educación, a música, os xogos, as actividades de lecer, a relixión, as festas relixiosas e profanas, os seres míticos, as características psicolóxicas do ser humano e a roupa e o seu coidado.

Notas

Os conselleiros de Educación e Sanidade apelaron hoxe á 'xenerosidade' e á 'altura de miras' para acadar a mellor fórmula para a descentralización de Medicina, creando en Vigo e A Coruña unidades docentes nas que se integren profesores das tres universidades galegas. Román Rodríguez e Antonio Gómez Caamaño, nunha comparecencia pública en Santiago de Compostela, confirmaron os avances logrados polo grupo de traballo para a descentralización.
O Hospital Universitario de Coruña acolleu unha sesión experimental centrada en avaliar a funcionalidade e usabilidade de sistemas de realidade aumentada (RA) en contornas reais de quirófano. A investigación forma parte da tese doutoral titulada 'Interfaces virtuais e realidade aumentada para cirurxía', desenvolvida por Ãnxela Pérez no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais de Ferrol, baixo a dirección do investigador do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica Florian Michaud e de Nieves Pedreira, profesora da Escola Universitaria de Deseño Industrial UDC.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES