Notas de prensa

Os debuxos de Claudio Varela para O incerto señor Don Hamlet, na web da Real Academia Galega

A Real Academia Galega amosa na súa páxina web os debuxos realizados por Claudio Varela para o attrezzo da estrea da peza teatral de Álvaro Cunqueiro O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, representada por primeira vez no teatro Colón da Coruña no ano 1959. A institución súmase así á celebración en Galicia, o 16 de novembro, do Día Internacional do Patrimonio Mundial, creado pola UNESCO hai 45 anos para promover a reflexión sobre a importancia dos bens culturais e da súa protección e conservación.

Claudio Varela naceu e morreu na Coruña, onde estudou na Escola de Artes e Oficios e foi pintor do Teatro da Cámara da Asociación Cultural Iberoamericana, encargado da estrea d' O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca. Tamén deseñou varios decorados para o Ballet Galego Rei de Viana e deixou unha modesta produción poética e de crítica artística.

Álvaro Cunqueiro escribiu O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca no outono de 1958. A obra, convertida axiña nun fito da dramaturxia galega e universal, racha cos principios temáticos habituais no teatro da España do franquismo e entronca de cheo con correntes europeas como o existencialismo, o simbolismo e o absurdo. Foi ademais unha das primeiras pezas teatrais escritas e representadas integramente en galego durante a ditatura. A súa aceptación foi todo un éxito tendo en conta o contexto sociopolítico e cultural no que se estreou e deulle pulo á recuperación da cultura galega a partir dos anos 60.

Real Academia Galega (RAG), 2017-11-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da USC, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES