Notas de prensa

A emigración dos músicos galegos a América entre 1875 e 1951, a análise nun simposio na Universidade de Compostela

A investigación financiada polo MINECO Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875-1951): Cidades do Eixo Atlántico, que dirixen os profesores da USC Carlos Villanueva e Javier Garbayo, organiza en Santiago un simposio sobre o movemento migratorio dos músicos galegos a América.

O encontro, que se desenvolverá no Museo do Pobo Galego entre os días 9 e 11, reunirá especialistas de toda España e americanos en torno a etapa que vai do gran movemento migratorio galego de finais do XIX –que tivo resultados asociativos de gran transcendencia– ata 1951, coa primeira etapa da posguerra.

A consecuencia inmediata dese movemento foi un efecto chamada que atraeu músicos galegos para cubrir tarefas docentes e recreativas que sen dúbida repercutiron no contido, a mensaxe e a lingua de composicións de salón, obras corais, estampas, zarzuelas galegas e cancións en xeral que se trasladarán ao outro lado do Atlántico e que repercutirán a modo de espello na música en Galicia con lembranzas da tradición xunto con elementos transculturados.

Coa fin da Guerra Civil española producirase outra vaga de exiliados, xeralmente republicanos, que deberán enfrontarse a unha realidade nova pero que tamén terá a súa peculiar procura da galeguidade entendida baixo o prisma das novas vangardas; algo que dará pé a importantes discusións entre vangardistas e tradicionalistas.

Ademais dos relatorios que conforman o simposio, o día 11 ás 18.00 horas terá lugar unha mesa redonda sobre o fondo Gaos que acaba de ser doado á Universidade de Santiago na que participarán as persoas protagonistas desa doazón como son Monserrat Capelán, Mabela Casal, Joam Trillo, Julio Andrade Malde e Javier Garbayo.

Paralelamente ás sesión teóricas, no simposio está prevista a celebración de dous concertos, de entrada libre, no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia). O primeiro, ‘ Concerto de cancións galegas de aquí e de alá’, será o día 10 ás 20.30 horas a cargo da soprano Susana Lorenzo e do pianista Alejo Amoedo. O día seguinte á mesma hora terá lugar o de clausura, que baixo o título ‘Quendas e tandas de baile do século XIX no mundo hispanoamericano’ interpretarán os pianistas Mariantonia Palacios e Juan Francisco Sans.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2017-11-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da USC, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES