Notas de prensa

A mostra Flor Novoneyra ofrece unha viaxe no tempo da Galicia segura de si mesma e orgullosa das súas raíces

Ademais da beleza das pinturas de Lamazares e dos caligramas, gravados e debuxos de Novoneyra, hai unha lección indiscutible de que a mestura de épocas é un proceso que sempre suma, que acumula e non exclúe. Tanto Novoneyra como Lamazares son representantes da mellor faceta da cultura galega.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou a mostra Flor Novoneyra como unha viaxe no tempo que reflicte a Galicia segura de si mesma, orgullosa das súas raíces pero aberta a todas as influencias; “unha Galicia que explora outras culturas coa vontade de aprender e enriquecerse, capaz de sintetizarse despois en obras que esperan sentimentos universais, recoñecibles en calquera lugar do mundo, pero ao mesmo tempo nitidamente galegos”, explicou.

Durante o acto de inauguración, Feijóo afirmou que, ademais da beleza extraordinaria das máis de 100 pinturas de Lamazares e os 50 caligramas, gravados e debuxos de Novoneyra, hai unha lección indiscutible de que a mestura de manifestacións culturais ou de épocas é un proceso que sempre suma, que acumula e non exclúe.

O responsable do Goberno galego concluíu lembrando que tanto Novoneyra como Lamazares son representantes da mellor faceta da nosa cultura: a convicción de que un artista ten sempre un selo propio pero sempre transferible aos que han de vir, recuperable e aproveitable por todos en todas as épocas. “Contemplamos aquí unha viaxe no tempo, que contribúe á inmortalidade de Novoneyra, á inmortalidade de Lamazares e á inmortalidade de Galicia”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-06-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (lugopoetica-2026.jpg) O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
Foto de la tercera plana (industria.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.

Notas

A Conferencia internacional de investigación en linguas celebrou o ano pasado a súa primeira edición, un evento que marcou o fito inaugural do Instituto de Investigación iLingua. O simposio nacía con vocación de continuidade e así será, porque en novembro terá lugar a segunda edición. O programa do CIIL26 incluirá, ademais de conferencias plenarias convidadas, comunicacións presentacións e exposicións de pósteres.
Quince centros educativos galegos participarán no VII programa Talentos Inclusivos do CITIC, tal e como se recolle na resolución publicada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Dez centros da provincia da Coruña, dous de Lugo, un de Ourense e dous de Pontevedra súmanse a esta iniciativa, orientada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que contribúan a mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con discapacidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES