
O concerto de Banda Crebinsky comeza ás 21.00 horas e está encadrada dentro da programación cultural organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da Deputación e do Concello de Lugo, así como da USC.
Zirkus Affe é un traballo pensado para os directos no que Banda Crebinsky experimenta non poucos cambios respecto dos primeiros pasos dados na escena musical por unha formación nada hai xa sete anos. Este traballo abandona un pouco os ritmos balcánicos que caracterizaron de sempre o traballo musical desta orquestra popular, que, nesta nova entrega, camiña cara o mundo árabe, aínda que cunha maior presenza de temas en galego.
Neste terceiro traballo, Banda Crebinsky deixase levar, como eles mesmo din, pola música sen pasaportes. Aínda así, este grupo non renuncia á súa formación de oito músicos en directo, capaces de ofrecer un contundente directo no que convidan ao público a involucrase na súa viaxe musical.
O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.