Notas de prensa

A exposición 'Cela. O eloxio do viño dun Nobel' aborda a relación do escritor co mundo da vinicultura

A mostra reúne diversos obxectos persoais do escritor, entre eles, botellas dedicadas por figuras como Picasso, Miró ou Hemingway. A exposición parte de de “O eloxio do viño”, título empregado polo premio Nobel, Camilo José Cela, en varias das súas creacións dedicadas a gabar as múltiples calidades dos produtos extraídos da vide.

A exposición ‘Camilo José Cela. O eloxio do viño dun Nobel’ aborda a representación da cultura do viño na obra do escritor, ao tempo que se achega á súa figura a través do perfil de embaixador dos viños galegos e españois. Promovida por Bodegas Marqués de Vizhoja, a mostra conta co apoio da Fundación Pública Camilo José Cela, que cedeu para a ocasión diversos obxectos persoais do escritor, entre eles, varias botellas do propio Cela dedicadas por personaxes como Picasso, Miró, Celso Emilio Ferreiro, Vicente Aleixandre ou Hemingway.

Ata o 18 de xuño, a exposición, comisariada por Ceres Serea, poderá visitarse en Arbo, nas instalacións da Moireira de Bodegas Marqués de Vizhoja, onde tivo lugar hoxe a inauguración. Durante o acto, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, salientou o interese do proxecto para dar a coñecer entre a cidadanía as diversas facetas do escritor padronés, así como para a difundir a súa obra desde perspectivas diferentes.

Así mesmo, o secretario xeral agradeceu a implicación de Marqués de Vizhoja na celebración do centenario de Cela, que, segundo recordou, contou coa colaboración de numerosas institucións públicas e tamén privadas. Tamén interviron no acto de inauguración o presidente de Marqués de Vizhoja, Jorge Peláez, e o alcalde de Arbo, Horacio Gil.

“O eloxio do viño”

A partir de “O eloxio do viño”, título empregado por Cela en varias das súas creacións dedicadas a gabar as múltiples calidades dos produtos extraídos da vide, a exposición ofrece unha análise dos distintos aspectos nos que a cultura do viño inflúe na sociedade da súa época, poñendo como exemplo vivencias do propio autor.

Plumas estilográficas de Cela, uns anteollos do escritor e unha réplica en bronce da man dereita do premio Nobel son algunhas das pezas que conforma a exposición, unha iniciativa que se enmarca na ampla programación de actividades que ao longo de 2016, e con continuidade neste ano, se veñen realizando para conmemorar o centenario do nacemento do premio Nobel galego.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-04-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (lugopoetica-2026.jpg) O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
Foto de la tercera plana (industria.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.

Notas

A Conferencia internacional de investigación en linguas celebrou o ano pasado a súa primeira edición, un evento que marcou o fito inaugural do Instituto de Investigación iLingua. O simposio nacía con vocación de continuidade e así será, porque en novembro terá lugar a segunda edición. O programa do CIIL26 incluirá, ademais de conferencias plenarias convidadas, comunicacións presentacións e exposicións de pósteres.
Quince centros educativos galegos participarán no VII programa Talentos Inclusivos do CITIC, tal e como se recolle na resolución publicada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Dez centros da provincia da Coruña, dous de Lugo, un de Ourense e dous de Pontevedra súmanse a esta iniciativa, orientada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que contribúan a mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con discapacidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES