Notas de prensa

A XVI Bienal de Teatro da ONCE visibiliza as diversidades

Celébrase entre os días 30 de marzo e 2 de abril por toda Galicia e que terá a súa sede na Coruña. 8 compañías de teatro de todo o Estado inclúen no seu elenco actrices e actores con discapacidade visual: La Luciérnaga (Madrid), La Ruina (Albacete), Muxicas (Ourense), Orozú Teatro (Cádiz), Sa Boira (Baleares), Samaruc (Valencia), Sarau (Barcelona) e Valacar, que é un grupo da Coruña.

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presentou a XVI Bienal de Teatro ONCE, unha iniciativa que se celebrará entre os días 30 de marzo e 2 de abril por toda Galicia e que terá a súa sede na Coruña. "É un pracer colaborar con iniciativas como esta Bienal, que terá no Teatro municipal Rosalía Castro o seu escenario central", explicou Ferreiro, "un evento co que colaboramos en base ao compromiso deste Goberno con actividades culturais que poñan de manifesto e potencien as diversidades". "Este Concello colabora coa Fundación ONCE, e con outras entidades locais, co obxectivo de construír unha sociedade máis xusta, igualitaria e accesible para xente que posúe diversidades funcionais ou sensoriais", afirmou o primeiro edil. A este respecto, o rexedor lembrou o desenvolvemento por parte do Goberno local de programas como Cultura Accesible e Inclusiva, que puxo en marcha coa Fundación Emalcsa, "para facilitar actuacións conxuntas entre o tecido asociativo do ámbito das diversidades e do mundo cultural e permitir que todas as persoas, en igualdade de condicións, poidan acceder á cultura", ou A Pé de Barrio, que a área de Medio Ambiente promoverá "para mellorar a calidade de vida nos barrios e nos que se conseguirán acadar espazos accesibles".

O alcalde coruñés estivo acompañado na rolda de prensa polo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, o Delegado Territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, o director artístico da Bienal, Esteve Ferrer, a xefa de departamento de promoción cultural de braille da ONCE, María José Sánchez, e a actriz coruñesa do grupo Valacar Yésica Val, quen participou cunha actuación. Durante a presentación deuse a coñecer o cupón do 2 de abril da ONCE, que levará a imaxe da Bienal en máis de 5 millóns e medio de boletos, "o que suporá tamén unha importante promoción para a nosa cidade e o noso país en todo o Estado", destacou Ferreiro.

A sede principal da Bienal, que comezará o 30 de marzo, será o Teatro Rosalía de Castro, que acollerá unha estrea diaria até o domingo, 2 de abril. O festival tamén chegará a distintas localidades de localidades de Galicia, como son Burela, Carballo, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, Ourense, Pontevedra e Vigo. En total, participarán oito compañías de teatro de todo o Estado que inclúen no seu elenco actrices e actores con discapacidade visual, "mostra que a diversidade, non é sinónimo máis que de pluralidade", aseverou Ferreiro. La Luciérnaga (Madrid), La Ruina (Albacete), Muxicas (Ourense), Orozú Teatro (Cádiz), Sa Boira (Baleares), Samaruc (Valencia), Sarau (Barcelona) e Valacar, que é da Coruña, serán os grupos que participen nesta edición.

As entradas desta XVI Bienal de Teatro serán gratuítas e os convites poderán recollerse desde mañá na sede da Fundación ONCE ou, no mesmo día da representación, no Teatro Rosalía Castro. Na Coruña poderán verse as representacións de El manantial, de John Millington Synge, interpretada polo Grupo Sa Boira o día 30, e Arsénico por compaixón, unha adaptación de Tito Asorey sobre o texto de Joseph Kesselring, que levarán ao escenario membros do grupo Muxicas o día 31. Xa na fin de semana, o sábado 1, La Luciérnaga representará Caricias, de Sergi Belbel e, o domingo 2, o grupo Orozú Teatro interpretará En black-Vivir en Negro, de Belén Pérez Daza. Todas as obras comezarán ás 20.30 horas.

Gabinete de Comunicación do Concello de A Coruña, 2017-03-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES