
Nota publicada por CRTVG:
'Carlos Casares, un contador de historias' é o título da primeira biografía do escritor Carlos Casares en que o relato da súa vida se relaciona coa súa obra. O autor é Henrique Monteagudo, profesor da Universidade de Santiago e secretario da Real Academia Galega.
Esta biografía de Casares está publicada pola Editorial Galaxia, da que foi director o escritor nado en Xinzo de Limia e ao que este ano está dedicado o Día das Letras Legras. 'Carlos Casares, contador de historias', presentouse esta mañá en Compostela e o seu autor salientou que o libro axudará a entender, a quen o lea, o escritor, a súa obra, a cultura e a sociedade galega do tempo de Casares.
Preséntase o martes, 21 de marzo, ás 19:45h. na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela.
Fotografía: Editorial Galaxia.
O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.