Notas de prensa

Compostela en catro décadas, unha ollada do fotógrafo Manolo Blanco

Inaugúrase en Fonseca a mostra ‘A cidade no tempo’ que dá conta da cidade compostelá a través da cámara de Manolo Blanco, poñendo en valor o fotoxornalismo e o labor gráfico desempeñado por un fotógrafo que xa é tamén parte da historia de Compostela retratando a vida cotiá, o barullo das prazas, o mercado, as protestas, a Universidade, as festas…

Ata o 30 de abril o Colexio de Fonseca acubilla unha exposición do fotógrafo compostelán Manolo Blanco cunha parte da extensa obra coa que retratou ao longo das últimas catro décadas as rúas e xentes da capital galega.

‘A cidade no tempo. A mirada de Manolo Blanco’ inaugurarase o mércores 15 de marzo ás 20.00 horas nun acto no que participarán o reitor Juan Viaño, o presidente do Ateneo de Santiago, Salvador García-Bodaño; o presidente da Asociación de Periodistas de Santiago, Luís Menéndez, e presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País, Juan Bautista de la Salle, todos eles responsables das entidades organizadoras da exposición, que contou co patrocinio da Deputación da Coruña e o Concello de Santiago.

A exposición dá conta da cidade compostelá a través da cámara de Manolo Blanco, poñendo en valor o fotoxornalismo e o labor gráfico desempeñado por un fotógrafo que xa é tamén parte da historia de Compostela. A evolución urbanística, a vida cotiá, o barullo das prazas, o mercado, as protestas, a vida institucional, a Universidade, as festas… unha cotidianeidade retratada por un profesional con longa traxectoria e a quen tamén así se lle quere render unha homenaxe.

‘A cidade no tempo’ pode visitarse de luns a sábado de 11.00 a 14:00 e de 17.30 a 20.30 horas.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2017-03-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (lugopoetica-2026.jpg) O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
Foto de la tercera plana (industria.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.

Notas

A Conferencia internacional de investigación en linguas celebrou o ano pasado a súa primeira edición, un evento que marcou o fito inaugural do Instituto de Investigación iLingua. O simposio nacía con vocación de continuidade e así será, porque en novembro terá lugar a segunda edición. O programa do CIIL26 incluirá, ademais de conferencias plenarias convidadas, comunicacións presentacións e exposicións de pósteres.
Quince centros educativos galegos participarán no VII programa Talentos Inclusivos do CITIC, tal e como se recolle na resolución publicada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Dez centros da provincia da Coruña, dous de Lugo, un de Ourense e dous de Pontevedra súmanse a esta iniciativa, orientada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que contribúan a mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con discapacidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES