
O equipo artÃstico e técnico do espectáculo ‘Martes de CarnavalÂ’ iniciou en Santiago os ensaios da que será a nova produción propia do Centro Dramático Galego (CDG), que suporá ademais a primeira posta en escena en galego das pezas de Ramón MarÃa del Valle-Inclán ‘As galas do defuntoÂ’ e ‘A filla do capitánÂ’. Con esta montaxe, a compañÃa pública galega contribúe á incorporación do gran autor arousán ao repertorio teatral en galego no ano en que quedaron liberados os dereitos da súa obra.
A súa directora artÃstica é a creadora pontevedresa Marta Pazos, quen traballa xa co elenco de 10 intérpretes que foron elixidos para encarnar os máis de 30 personaxes destas dúas obras tras superar un proceso de selección pública ao que concorreron 244 persoas. Trátase de catro actrices (Iria Azevedo, Mercedes Castro, Anabell Gago e MarÃa Roja) e de seis actores (César Cambeiro, Miquel Insua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, Machi Salgado e Sergio Zearreta), con traxectorias dentro e fóra de Galicia que dan conta da versatilidade e experiencia da nosa profesión teatral.
Rutina corporal e traballo co texto
Agárdanlles agora case dous meses de ensaios cara á estrea de ‘Martes de CarnavalÂ’ o venres 20 de abril no Salón Teatro, sede do CDG en Compostela. As sesións, que nestes primeiros dÃas inclúen rutina corporal e traballo co texto en mesa, comezarán pola montaxe de ‘As galas do defuntoÂ’ para centrarse despois en ‘A filla do capitánÂ’.
Xunto con eles e co equipo técnico da compañÃa pública, participan tamén nesta produción Manolo Cortés, na tradución ao galego; Fernando Ribeiro, no deseño da escenografÃa; Rui Monteiro, da iluminación; UxÃa Vaello, do vestiario; José DÃaz e Hugo Torres, na composición da música orixinal; Rut BalbÃs como asesora de movemento, e Gena Baamonde, na asistencia de dirección, entre outros profesionais.
CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxÃas da información (IT) e de operación (OT) para asà adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxÃa a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais asà como os sectores social, cientÃfico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, polÃticas e instrumentos do litoral.