‘Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidadeÂ’ despÃdese tras tres meses de exposición na Cidade da Cultura de Galicia. A mostra máis ambiciosa realizada ata o momento sobre o escritor galego pechará as súas portas este domingo, clausurando asà o acto central do programa preparado pola Xunta de Galicia e Acción Cultural Española para conmemorar os cen anos do seu nacemento en Iria-Flavia.
A través de 600 pezas, a mostra recolle manuscritos e primeiras edicións das novelas máis relevantes, as que o fixeron merecedor do Nobel, do Cervantes, do PrÃncipe de Asturias e de decenas de galardóns. A mostra presenta unha escolla de obxetos persoais que nos permiten explorar o universo psicolóxico do novelista, dando testemuña das súas ricas relación persoais e da súa actividade como editor e ‘activista culturalÂ’. O percorrido complétase con curiosidades, como fragmentos de pelÃculas na que traballou, ou as súas numerosas coleccións.
A entrada á exposición é de balde e durante a fin de semana terán lugar as últimas visitas guiadas: ás 12:30 e ás 18:30 horas.Ao peche da exposición prevese que máis de 6.000 persoas teñan pasado polo Museo Centro Gaiás para profundar na vida e na obra do único premio Nobel galego.
Visita con Adolfo Sotelo
Antes da súa clausura, o grupo de investigación de Cela, coordinado polo catedrático Adolfo Sotelo, un dos maiores especialistas na obra do escritor galego e comisario da mostra, achegarase este sábado para realizar unha visita guiada. Formado por nove investigadores, todos doutores da Universidade de Barcelona, o grupo de traballo está a desenvolver o proxecto de I+D ‘Hacia la obra completa de CelaÂ’, financiado polo Ministerio de EconomÃa, Industria e Competitividade.
O grupo de investigadores reunirase previamente co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que os acompañará na súa visita pola mostra de Cela.
Da árbore á cadeira, o 7 de abril
A Cidade da Cultura prepárase xa para acoller a seguinte exposición, que levará por tÃtulo ‘Da árbore á cadeiraÂ’. Comisariada por Carlos Seoane, a nova mostra do Museo Centro Gaiás preséntase como unha reflexión sobre a identidade propia a partir do deseño do moble e os bosques de Galicia cun elemento como fÃo condutor: a madeira.
Dividida en dous andares, ‘Da árbore á cadeiraÂ’ devolveranos unha ollada á esencia do nosonunhaprimeira parada na que o bosque será protagonista. Uns potentes audiovisuais envolverán ao visitante na alma das árbores, aos que acompañarán obras de grandes nomes da arte galega como Castelao, Laxeiro, Urbano LugrÃs, Pamen Pereira, Luis Seoane ou Carlos Maside e unha intervención especÃfica realizada por Jorge Perianes.
Tras esa volta á esencia, ‘Da árbore á cadeiraÂ’ porá en valor o deseño galego realizado en madeira. Desde pioneiros como Isaac DÃaz Pardo, Alejandro de la Sota ou Bar Boo ata o deseño máis actual. Da cadeira realizada por Iago Seara para a visita do Papa Bieito XVI, o banco Macla de Manuel Gallego Jorreto ou as cadeiras de Tomás Alonso deseñadas para un evento no Victoria and Albert Museum de Londres.
A nova mostra do Museo Centro Gaiás abrirá as súas portas o vindeiro 7 de abril e permanecerá en exposición ata o mes de novembro.