Notas de prensa

Filoloxía organiza clases sobre literatura abertas a todo o alumnado da USC

Cunha duración aproximada de dúas horas por sesión e carácter gratuíto, ofertarase a posibilidade de conectar o saber investigador do profesorado que as imparte (escritura literaria, crítica ou divulgación) cos intereses dun alumnado curioso pola escritura, a investigación e o coñecemento xeral no terreo literario. Estas xornadas abertas celebraranse os días 13 e 22 de febreiro, 22 de marzo e 19 de abril no Campus Norte de Compostela.

Filoloxía organiza entre febreiro e abril un ciclo de clases abertas sobre literatura destinadas a todos o alumnado da USC. Cunha duración aproximada de dúas horas por sesión e carácter gratuíto, ofertarase a posibilidade de conectar o saber investigador do profesorado que as imparte (escritura literaria, crítica ou divulgación) cos intereses dun alumnado curioso pola escritura, a investigación e o coñecemento xeral no terreo literario.

Estas xornadas abertas celebraranse os días 13 e 22 de febreiro, 22 de marzo e 19 de abril. Dende unha vontade de pluralidade e intercambio mutuo, mesturaranse a exposición dun tema a través de textos ilustrativos cunha parte práctica que tentará dar ferramentas para desenvolver a creatividade.

As actividades comezarán o 13 de febreiro coa profesora Alba Cid, que ofrecerá unha sesión titulada ‘Why hold onto all that?: os riscos do “(post)confesional”’ na poesía contemporánea. Continuarase o 22 do mesmo mes coa profesora Manuela Palacios presentando o proxecto ‘Eco-Ficcións: Discursos emerxentes sobre muller e natureza en Galicia e Irlanda’.

A profesora María José Alonso, o 22 de marzo, reflexionará sobre ferramentas na compresión de Quevedo na sesión titulada ‘Quevedo ante a tradición amorosa e a disolución do petrarquismo europeo’. Por último, o 19 de abril o profesor Víctor Millet debuxará unha curiosa visión da literatura medieval coa clase ‘Clásicos dende o ximnasio / Classics in the gym. Unha ollada irreverente á literatura medieval’. Esta iniciativa, como explica dende a propia facultade resultará unha oportunidade única para gozar de perspectivas e metodoloxías pouco aplicadas nas aulas e abrir desde as paredes deste centro unha nova fiestra cara ao mundo.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2017-02-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (lugopoetica-2026.jpg) O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
Foto de la tercera plana (industria.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.

Notas

A Conferencia internacional de investigación en linguas celebrou o ano pasado a súa primeira edición, un evento que marcou o fito inaugural do Instituto de Investigación iLingua. O simposio nacía con vocación de continuidade e así será, porque en novembro terá lugar a segunda edición. O programa do CIIL26 incluirá, ademais de conferencias plenarias convidadas, comunicacións presentacións e exposicións de pósteres.
Quince centros educativos galegos participarán no VII programa Talentos Inclusivos do CITIC, tal e como se recolle na resolución publicada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Dez centros da provincia da Coruña, dous de Lugo, un de Ourense e dous de Pontevedra súmanse a esta iniciativa, orientada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que contribúan a mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con discapacidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES