Notas de prensa

A comedia Get Back estréase no Teatro Rosalía como parte do ciclo de apoio á creación galega

Tal e como sinalaron as actrices Tamara Canosa e Mercedes Castro, a obra sitúa aos cinco personaxes atrapados nun vagón do metro londinense. "Fala de obrigarse a parar e mirar, nun mundo que vai a velocidade de metro", indicou Canosa, que salientou que a produción chega á cidade despois de encher os teatros en Santiago e Vigo.

A obra, primeira aproximación á dirección teatral do cineasta coruñés Jorge Coira, pode verse o venres 27 e sábado 28 de xaneiro ás 20.30 horas. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou a estrea na cidade da obra teatral Get Back, que se representa no Teatro Rosalía, dentro da programación do Ciclo Principal. Trátase, como fixo notar o concelleiro, dunha comedia que trae Eme2 Produccións, dirixida por un "home de cine", como é o director coruñés Jorge Coira, a partir dunha idea orixinal do crítico e creador Camilo Franco e con texto do escritor Diego Ameixeiras. Na presentación, na que estaba presente o seu director, así como parte do reparto e o director do teatro Rosalía, Sande destacou o "necesario apoio á creación galega" e salientou a importancia de "todas as apostas do Ciclo Principal", así como a variedade de textos e obras seleccionadas na súa programación para esta tempada. Pola súa banda, Coira salientou no acto o "fascinante" da que é a súa primeira experiencia como director de teatro, "pero non a última".

Tal e como sinalaron as actrices Tamara Canosa e Mercedes Castro, a obra sitúa aos cinco personaxes atrapados nun vagón do metro londinense. "Fala de obrigarse a parar e mirar, nun mundo que vai a velocidade de metro", indicou Canosa, que salientou que a produción chega á cidade despois de encher os teatros en Santiago e Vigo.

As entradas pódense adquirir no despacho de billetes da praza de Ourense, no propio teatro Rosalía (o día da función) ou na plataforma de Televenda (902 044 226) a prezos que van desde os 6,5 aos 14 euros, con descontos do 20% para persoas desempregadas, maiores de 65 anos e posuidoras do Carné Xove.

Gabinete de Comunicación da Concello de A Coruña, 2017-01-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-gaivota-cdg.JPG) A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukušić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukušić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.
A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES