O Concello de Ourense culmina o 16 de maio o expediente de honra a Casares
O Concello de Ourense culminará o 16 de maio o expediente de honra aberto a Carlos Casares en 2003 para o seu nomeamento como fillo predilecto da cidade a título póstumo. O acto institucional celebrarase na véspera da conmemoración do Día das Letras Galegas 2017 adicadas a este escritor.

Así llo comunicou o alcalde, Jesús Vázquez, aos membros da Fundación Carlos Casares. Tamén se descubrirá unha praca-busto en memoria do escritor na Praza Bispo Cesáreo. O remate deste expediente, iniciado en 2003, suporá acto formal para o nomeamento de Carlos Casares como fillo predilecto da cidade a título póstumo nunha sesión plenaria na véspera do Día das Letras Galegas, que este ano se lle adica ao escritor ourensán.
Ademáis deste recoñecemento público da cidade, o Concello tamén descubrirá unha praca-busto do escritor ourensán na Praza Bispo Cesáreo, como recoñecemento da cidade á figura de Carlos Casares.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, comunicoulle esta decisión aos membros da Fundación Carlos Casares, presidida por Xavier Casares. Deste xeito, culminamos un expediente que permanecía aberto desde hai 14 anos e o facemos precisamente no ano no que se honra a memoria do gran escritor, coa máxima distinción que se lle pode outorgar desde o Concello de Ourense, sinalou o rexedor ourensán
Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense, 2017-01-17
Actualidad

A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukuić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukuić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.

Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.
Notas
A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.
A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.