
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases e convocatorias dos premios “Otero Pedrayo”, na súa edición de 2016, e o galardón de xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo” 2017.
Segundo informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, no que respecta ao premio Otero Pedrayo, dotado con 16.000 euros, este ano correspóndelle á Deputación de Ourense a convocatoria deste galardón, de carácter anual e que organizan de xeito alternativo as catro deputacións galegas. A súa finalidade é perpetuar e honrar a memoria dunha das figuras máis relevantes das letras e do coñecemento en Galicia, promovendo os valores propios de Galicia, recoñecendo para elo o labor daquelas persoas que a través do seu traballo realicen unha notable contribución á cultura galega.
Poderán concorrer tanto persoas individuais como grupos de traballo ou institucións que co seu traballo axuden á difusión e mantemento da nosa cultura, candidaturas que poderán presentar persoas fÃsicas ou xurÃdicas, entidades académicas e culturais, os presidentes das catro deputacións a proposta das respectivas comisións de cultura, a Xunta de Galicia o mesmo polo xurado.
O prazo de presentación das candidaturas rematará logo de tres meses, contados a partir do dÃa seguinte ao da publicación desta convocatoria no BoletÃn Oficial da Provincia. O xurado estará composto polo presidente, que será o titular da Xunta de Galicia; un vicepresidente, que coincide co presidente da Deputación de Ourense por se tratar da institución convocante; dez vocais que serán os presidentes das outras tres deputacións, o da comisión de Cultura, Deportes e Mocidade da Deputación ourensá, o conselleiro de Cultura ou persoa en quen delegue, e senllos representantes das universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, da Real Academia Galega e do Instituto “Padre Sarmiento” de estudos galegos. Tamén formarán parte do xurado cinco persoas de recoñecida autoridade cientÃfica e literaria que serán nomeadas pola Xunta de Galicia e por cada unha das catro deputacións. O secretario será o da Deputación convocante.
O fallo do xurado darase a coñecer transcorrido un mes dende o dÃa no que remate o prazo de presentación de candidaturas e a entrega do premio realizarase nun acto solemne que será organizado e convocado pola Deputación de Ourense.
Premio “Xosé Aurelio Carracedo”
O segundo dos galardóns, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas pola Xunta de Goberno, corresponde ao premio de xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo” na súa edición de 2017, dotado con 3.000 euros. Poderán concorrer a este premio todos os profesionais do xornalismo e colaboradores que realicen o seu traballo en medios de comunicación escritos ou audiovisuais, estes últimos en calquera das súas modalidades. Compre apuntar que as candidaturas poden ser presentadas tanto polos autores dos traballos como pola dirección dos medios nos que foron publicados ou emitidos, institucións, asociacións, colectivos, outras persoas individuais ou polo propio xurado.
Os traballos que opten a este premio terán que estar publicados en medios de comunicación galegos ou referidos a Galicia no ano 2016.
O xurado do Xosé Aurelio Carracedo terá como presidente ao titular da Deputación de Ourense ou persoa en que delegue, actuando como vocais senllos representantes do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, da Federación de Asociacións de Periodistas, da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, e da Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación da Universidade de Vigo.
O prazo de presentación dos traballos remata o dÃa 16 de marzo e o acto de entrega do galardón celebrarase o dÃa 3 de maio, que coincide co DÃa Internacional da Liberdade de Prensa.
O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüÃsticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxÃas activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxÃas da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de ArtesanÃa 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor MartÃnez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornerÃa de madeira, resultou gañador na categorÃa Produto e a Fundación ArtesanÃa de Galicia obtivo o recoñecemento na categorÃa Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'ArtesanÃa no Prato'.