
A ConsellerÃa de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de modificar a páxina web de Meteogalicia (www.meteogalicia.gal) para incluÃr novos contidos que melloren a información meteorolóxica e climática que ofrece.
A principal novidade é o novo apartado que contén o resumo dos valores extremos observados na velocidade do vento, precipitación, e temperatura máxima e mÃnima. A información estará dispoñible tanto para o dÃa en curso como para a xornada anterior, e organizarase en dous bloques: un para as estacións situadas por debaixo dos 900 metros –altitude do 90% do territorio galego-; e outro para aquelas ubicadas por riba desta altura.
Ademais do novo apartado, a páxina de inicio mostrará tamén un resumo destes valores e, entre o ocaso e o orto, o carrusel de imaxes de cámaras web será substituÃdo por unha animación con mapas de Galicia que incluirán a interpolación desas variables extremas.
Outro apartado que se modifica é o de “observación”. Entre outros cambios, pasa a incluÃr tamén o resumo de valores extremos e a animación do mapa de Galicia, como na páxina de inicio; e amosará un carrusel das cámaras web e un listado cos últimos informes climatolóxicos dispoñibles.
Cabe destacar, ademais, que no apartado de cámaras habilitarase unha opción para visualizar a animación do dÃa en curso e do anterior, e incluirase un enlace a unha imaxe coa vista que abarca a cámara.
A ConsellerÃa de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios especÃficos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román RodrÃguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.