
O proxecto ‘Regala Tempo, doa medulaÂ’ xurde dun traballo de clase da materia de Estratexias e Plans de Comunicación do cuarto curso de Xornalismo na USC, “aÃnda que ao final foi máis aló dunha simple práctica para a facultade”, aseguran os seus promotores.
A finais de setembro os estudantes Romina Alonso Fernández, Juan Davila Fernández, Sara Fernández Meijide e Iván GarcÃa Calaza comezaron a planificar a campaña co obxectivo de darlle visibilidade no mes de decembro.
E asÃ, dende o pasado dÃa 5 teñen presenza nesta rede social e en Youtube, cunha resposta positiva pero nunca suficiente. “Queremos seguir medrando e poder chegar ao máximo número de estudantes posibles nas sete cidades universitarias galegas. Porque con moi pouco, podemos facer moito”, din con entusiasmo.
O proceso de doar medula comeza cunha extracción inicial de mostra de sangue ou saliva que supón xa a inscrición no banco mundial de doazóns ata que apareza un posible receptor. No caso de atopar a alguén compatible extraerÃase un determinado tipo de células para transplantarllas ao paciente enfermo nun proceso que apenas require hospitalización e non produce ningún efecto secundario.
A ConsellerÃa de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios especÃficos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román RodrÃguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.