Notas de prensa

Homenaxe do Orfeón Lucense a Xesús Mato en Portomarín e Paradela

O domingo 18 de decembro, o Orfeón Lucense rendeu homenaxe en Portomarín e Paradela ao que foi o seu Director, o musicólogo Xesús Mato, entregándolle a súa Insignia de Ouro.

A homenaxe comezou na igrexa parroquial de Portomarín, ás 12,30 da mañán, onde Xesús Mato, xunto co párroco portomarinense, Antonio López Vázquez, oficiou a misa maior que foi cantada polo Orfeón Lucense, coro oficial da Catedral de Lugo. Rematada a misa, o Coro ofreceu un recital de panxoliñas, no que actuou o violinista galego residente en Bristol, Carlos Rodríguez (neto do escritor Manuel Rodríguez López), que interpretou unha peza da que é autor, creada arredor do tema central de “Fuxan os Ventos”, do que Mato foi autor de música e letra.

NotaSeguidamente, no Mesón do Loio, en Paradela, nun xantar de irmandade ao que asistiron os alcaldes de Portomarín (Juan Serrano) e Paradela (José Manuel Mato) e o Prefecto de música da Catedral de Lugo, Luis Castiñeira, da familia do refundador do Orfeón, o Director desta agrupación, Marcos Fernández Mosquera, impuxolle a Mato a insignia de ouro do Orfeón e os alcaldes de Paradela (concello natal de Mato) e Portomarín (concello no que reside), entregáronlle cadanseu agasallo e pronuciaronn palabras de loubanza da obra e traxectoria deste senlleiro lucense que hai uns anos dirixiu ao Orfeón, e foi impulsor de Fuxan os Ventos e A Quenlla, imprescindibles para coñecer a evolución da música galega desde os anos setenta ata a actualidade.

Orfeón Lucense, 2016-12-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (estudantes.jpg) A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.

Notas

A Universidade de Santiago de Compostela presenta a súa programación para o Outono Cultural de 2026, unha proposta que reúne música, exposicións, audiovisual, teatro e formación, con novas iniciativas que amplían a oferta en materia de cultura da institución. Entre as principais novidades no campus compostelán destaca ‘Sons de peto’, un novo ciclo de música de pequeno formato pensado para un gran espazo como a Igrexa da Universidade.
Ecofeminismo, arte en contexto, comunidade, herdanza e territorio. Estes cinco conceptos guían ao longo desta semana os once artistas, investigadoras e investigadores que participan en Ons na residencia Geografía Poética, promovido pola profesora da Facultade de Belas Artes da UVigo Holga Méndez e a docente da Universidad de Zaragoza Belén Díez, no marco da rede europea Artistic Intelligence. Responsiveness, accessibility, responsibility, equity (ARTinRARE).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES