
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado por representantes dos balnearios da provincia de Ourense, presentou o programa “Termalismo Saúdable” 2017, que pon en marcha a institución provincial co obxectivo de seguir promocionando e potenciando a riqueza termal da provincia de Ourense, un dos territorios máis importantes de Europa no ámbito termal.
Na edición de 2017, o programa contará con novas instalacións balnearias que se incorporan ao programa –o balneario de Partovia-, novos programas de fins de semana cultural e termal, tratamentos terapéuticos e a continuación do programa “Tren Termal”, que permitirá achegarse a Ourense desde 40 estacións de España, grazas ao acordo que a Deputación de Ourense mantén co Ministerio de Fomento e con Renfe para os residentes de fóra da provincia que opten polas estancias termais que oferta o programa.
Manuel Baltar adiantou que o goberno provincial destinará o vindeiro ano máis dun millón de euros para proxectos de infraestruturas, investigación e promoción do ámbito termal na provincia de Ourense. “Consideramos o termalismo como un eixe estratéxico do desenvolvemento da provincia, de aà que incidamos na posta en marcha de diferentes iniciativas como o Plan “Ourense, a provincia termal” ou o feito de que Ourense liderará o Pacto Termal Nacional, unha proposta deste goberno provincial que, xunto coa FEMP, presentaremos ao sector, empresas, institucións e usuarios para que o termalismo español sexa un referente en Europa”. Baltar dixo que no que atinxe aos establecementos termais da provincia “pasamos nestes anos de cinco a sete balnearios, e agardamos tamén contar co balneario de Berán, co que estamos en conversas para a apertura deste espazo termal, e, o que serÃa a excelencia: contar tamén con gran balneario da capital, un proxecto que a Deputación estará apoiando para que sexa unha realidade”.
No acto de presentación, Manuel Baltar estivo acompañado polas directoras xerentes dos balnearios de Cortegada, Eva Ãlvarez, e de Caldas de Partovia, Noa Gallego, e polo representante de Caldaria, Raúl Luaña, e o director da Ãrea de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira.
Novidades terapéuticas
O programa de 2017 conta con novidades consensuadas nas reunións mantidas nos últimos meses entre a institución provincial e os balnearios. Entre elas figura que o balneario de Cortegada incluirá unha modalidade terapéutica orientada ao tratamento de doenzas respiratorias, reumatolóxicas e dermatolóxicas, modalidade á que se une unha carta de ata 35 tratamentos termais.
Outra das novidades é a posibilidade de realizar programas de estancias máis amplas. Ata o de agora só se contemplaban perÃodos de 6 dÃas/5 noites, e a partir de 2017 ofertarase a opción de estancias de 13 dÃas/12 noites. Esta posibilidade foi proposta polo balneario de Baños de Molgas ao entender que era oportuno ofertar un programa de máis duración, que dera resposta ás persoas que demandaban curas balnearias que precisan un maior tempo de estancia. O programa 2017 recolle tamén recomendacións realizadas á Deputación de Ourense polos diferentes colexios profesionais do ámbito da saúde.
Agora, trala aprobación hoxe da proposta do Programa pola Xunta de Goberno do ente provincial, a Deputación de Ourense publicará este mes no BoletÃn Oficial da Provincia as bases reguladoras, e o vindeiro 1 de xaneiro toda a operativa estará dispoñible para que os usuarios poidan tramitar as reservas de prazas. O procedemento administrativo para a presentación de solicitudes e a concesión do programa faise totalmente on-line, a través de Internet, estando a administración provincial a disposición do cidadán as 24 horas do dÃa, os 7 dÃas da semana.
O balance do programa “Termalismo Saudable” nos catro anos que leva desenvolvéndose ten experimentado un importante crecemento que avala o éxito do mesmo. En 2013 o número de beneficiarios foi de 444 persoas, cifra que pasou ao ano seguinte a 673 e a 1.745 en 2015, con usuarios procedentes de 40 cidades de España. Este ano que remata péchase coa cifra de 2.207 persoas que participaron nos balnearios da provincia de Ourense dos diferentes servizos e programas que ofrecen, algo que o sector valora moi positivamente, como destacaron os representantes dos balnearios hoxe na rolda de prensa, expresando o seu agradecemento á Deputación de Ourense polo apoio e colaboración ao termalismo na provincia.
A ConsellerÃa de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios especÃficos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román RodrÃguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.