Notas de prensa

O condado británico de Durham exhibe a mostra Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago

A exposición contén fotografías de Manuel García Vicente que recollen unha experiencia hospitalaria e solidaria vivida a carón dos peregrinos nos albergues da ruta xacobea, e pódese ver na igrexa de St Jonh`s School & Sixth Form College, no condado británico de Durham ata o 12 de decembro.

A igrexa de St Jonh`s School & Sixth Form College, en Bishop Aucklan, no condado británico de Durham, acolle ata o día 12 de decembro a exposición fotográfica Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago, unha mostra de Manuel García Vicente que recolle as experiencias vividas na ruta xacobea a carón dos peregrinos.

Organizada por Turismo de Galicia, esta exposición promove os valores xacobeos en Gran Bretaña, mostrando en imaxes a experiencia hospitalaria e solidaria no Camiño de Santiago, nos albergues para peregrinos e no fin da ruta en Compostela.

O exercicio da hospitalidade, a acollida ao peregrino, constitúe desde hai séculos a pedra angular do Camiño de Santiago, e foi plasmada graficamente por Manuel García Vicente nesta mostra en cuxas imaxes se funden coa vivencia do encontro, a solidariedade, a amizade e mais a comprensión mutua.

Neste traballo fotográfico móstranse experiencias comunicativas no Camiño a distintos niveis. En primeiro lugar, do peregrino consigo mesmo, pois a linguaxe interior é esencial na experiencia da peregrinación.

En segundo lugar, establécese unha comunicación co propio Camiño e, por último, cos seus compañeiros de ruta, cos hospitaleiros e as persoas que viven a carón da Ruta Xacobea.

Así, parte do espazo evocado e recreado nesta exposición, configúrase desde a afectividade de quen vive en vilas, cidades, lugares históricos e espazos naturais asumindo os valores afectivos cara os peregrinos. Un marco sensible no que se desenvolve unha fecunda comunicación entre o peregrino e a súa contorna natural e humana.

Tradición xacobea

É a segunda ocasión que esta exposición Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago visita a cidade de Durham xa que no pasado verán puido visitarse tamén na igrexa da parroquia da Nosa Señora da Misericordia e San Godric, un templo próximo á abadía beneditina de Finchale, de gran tradición xacobea por ser un lugar frecuentado polos peregrinos ingleses que iniciaban o Camiño de Santiago.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-11-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (estudantes.jpg) A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.

Notas

A Universidade de Santiago de Compostela presenta a súa programación para o Outono Cultural de 2026, unha proposta que reúne música, exposicións, audiovisual, teatro e formación, con novas iniciativas que amplían a oferta en materia de cultura da institución. Entre as principais novidades no campus compostelán destaca ‘Sons de peto’, un novo ciclo de música de pequeno formato pensado para un gran espazo como a Igrexa da Universidade.
Ecofeminismo, arte en contexto, comunidade, herdanza e territorio. Estes cinco conceptos guían ao longo desta semana os once artistas, investigadoras e investigadores que participan en Ons na residencia Geografía Poética, promovido pola profesora da Facultade de Belas Artes da UVigo Holga Méndez e a docente da Universidad de Zaragoza Belén Díez, no marco da rede europea Artistic Intelligence. Responsiveness, accessibility, responsibility, equity (ARTinRARE).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES