Notas de prensa

Exponse en Filipinas a experiencia de Galicia na promoción do Camiño

A Ruta Xacobea é un dos exemplos sobre rutas de peregrinación que se exporá na VIII Tribuna España-Filipinas ata o día 27 de novembro na cidade de Davao. Organizado polo ente público español Casa Asia, Turismo de Galicia participa neste encontro dentro da sección ‘Cultura, patrimonio, turismo sostible e boas prácticas: o caso das rutas de peregrinación”.

A experiencia de Galicia na promoción do Camiño de Santiago é un dos exemplos sobre as rutas de peregrinación que se exporán na VIII Tribuna España-Filipinas que se celebra ata o día 27 de novembro na cidade de Davao.

Organizado polo ente público español Casa Asia, Turismo de Galicia participa neste encontro dentro da sección ‘Cultura, patrimonio, turismo sostible e boas prácticas: o caso das rutas de peregrinación”, no que o Camiño de Santiago será protagonista.

Así, o departamento de Turismo da Xunta participa nesta xuntanza para achegar a experiencia galega no eido da promoción e xestión da Ruta Xacobea e servir, así, de modelo para o Goberno filipino, interesado en poñer en valor turístico varias vía locais de peregrinación.

Así mesmo, a viaxe ten como obxectivo continuar impulsando o crecemento de peregrinos filipinos que veñen a Galicia para realizar o Camiño de Santiago. Neste senso, compre destacar que no que vai de ano a cifra total de peregrinos filipinos que recolleron a súa Compostela medrou un 44,06% en relación ao mesmo período do ano anterior.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-11-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (estudantes.jpg) A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.

Notas

A Universidade de Santiago de Compostela presenta a súa programación para o Outono Cultural de 2026, unha proposta que reúne música, exposicións, audiovisual, teatro e formación, con novas iniciativas que amplían a oferta en materia de cultura da institución. Entre as principais novidades no campus compostelán destaca ‘Sons de peto’, un novo ciclo de música de pequeno formato pensado para un gran espazo como a Igrexa da Universidade.
Ecofeminismo, arte en contexto, comunidade, herdanza e territorio. Estes cinco conceptos guían ao longo desta semana os once artistas, investigadoras e investigadores que participan en Ons na residencia Geografía Poética, promovido pola profesora da Facultade de Belas Artes da UVigo Holga Méndez e a docente da Universidad de Zaragoza Belén Díez, no marco da rede europea Artistic Intelligence. Responsiveness, accessibility, responsibility, equity (ARTinRARE).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES