
A Responsábel de Organización de Erguer. Estudantes da Galiza, Iria Figueroa, afirmou que a folga tivo un éxito absoluto de convocatoria, cun 90% de seguimento e máis de 4000 estudantes nas rúas nas dezasete mobilizacións que convocamos, ao que engadiu que o ensino medio seguirá en loita até que consigamos a derrogación da LOMCE, non nos valen as mensaxes confusas que lanza Rajoy á sociedade dando a entender que non haberá máis reválidas, mentres lexisla en sentido contrario. Non pararemos aquí e seguiremos en constante loita até que consigamos tumbar esta lei que atenta contra o ensino público galego.
Foron presentadas as xornadas Galicia Biodays, que buscan posicionar Galicia como un territorio de referencia en innovación biotecnolóxica no ámbito internacional. Este evento vaise celebrar os días 6 e 7 de maio no Auditorio Mar de Vigo, e permitirá reforzar a marca Galicia Calidade en biotecnoloxía, fomentar o intercambio de coñecemento e establecer novas colaboracións científicas, empresariais e institucionais. Está previsto que asistan máis de 1000 persoas de 9 biorrexións convidadas, con máis de 130 relatores.
Alfonso Rueda informou de que o Consello deu conta do inicio da tramitación do anteproxecto da que será 'a primeira Lei do terceiro sector da acción social de Galicia'. Unha norma que busca 'unificar nun único texto legal a regulación deste eido e recoñecer de xeito formal o seu traballo e o papel que xogan as entidades na sociedade galega'. A necesidade de aprobar esta lei xustifícase na importante presenza destas entidades en Galicia, preto de 1.500, -que constitúen 'unha auténtica rede de solidariedade', segundo resaltou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García-, para apoiar as persoas e fogares máis vulnerables.