Notas de prensa

O presidente da RAG, Alonso Montero, contrapón as figuras literarias do Quixote e Juan Palomeque

Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega (RAG), presentou una nova mirada sobre a recepción que tivo a obra de Cervantes entre sectores non afíns ao Réxime durante a Guerra Civil e os primeiros anos do franquismo. Na Universidade compostelana, contrapuxo as figuras de Cervantes e Juan Palomeque.

O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, participou este luns no Mes de Cervantes e Shakespeare en Filoloxía coa conferencia ‘Quixotismo e palomequismo’. Tras dun coidado repaso pola súa memoria lectora en relación coa materia do Quixote, ofreceu ao auditorio unha visión pouco coñecida da recepción que a obra de Cervantes tivo entre sectores non afíns ao Réxime durante a Guerra Civil e os primeiros anos do Franquismo.

A conferencia comezou cun eloxio da figura e obra de Santiago Montero Díaz e o seu ensaio Quixotismo e palomequismo (1957) para explorar deseguido a actualidade desta contrafigura. Juan Palomeque ‘el Zurdo’ é, coma Don Quixote, lector de libros de cabalarías, pero as súas actitudes vitais difiren claramente: mentres o quixotismo leva a crenza á acción, o palomequismo é o divorcio entre a conciencia e a acción. Non especialmente atendida polos cervantistas de oficio, esta oposición segue acompañando aos investigadores no catrocentos aniversario da publicación da segunda parte da célebre obra de Cervantes.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2016-10-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES