
Os monicreques volven ocupar as rúas, prazas e espazos escénicos de Santiago de Compostela con motivo do Festival Internacional de Títeres Galicreques, que celebrará a súa vixésima primeira edición do 24 de setembro ao 2 de outubro. O encontro, con 24 espectáculos en cartel, é un dos nove festivais profesionais de artes escénicas que este ano contan con apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da convocatoria pública de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
O director da Agadic, Jacobo Sutil, e a concelleira de Cultura de Santiago, Branca Novoneyra, acompañaron hoxe o director desta mostra, Jorge Rey, na presentación da programación deste ano. Nela terá un especial protagonismo Latinoamérica, de onde proceden 11 das 21 compañías participantes (Perú, Arxentina, Brasil, Chile, Uruguai, Cuba e México).
Representación galega
Ademais, como sinalou Jacobo Sutil, moitos dos artistas desta carteleira son xa vellos coñecidos do público compostelán a través de Galicreques, que ademais de establecer un diálogo internacional con profesionais doutros países, conta todos os anos cunha destacada mostra dos espectáculos de monicreques producidos en Galicia. Así, esta 21ª edición ofrecerá as últimas propostas de compañías galegas como Espello Cóncavo, Larei Lará, Luis Vallecillo, Títeres Alakrán, Títeres Brincadeira ou Títeres Cachirulo.
Tamén haberá representación do resto do Estado da man de Alauda Teatro (Castela e Léon), Búho Teatro (Andalucía), Teatro Arbolé (Aragón) e Xarop Teatro (Comunidade Valenciana).
A Asociación Cultural Barriga Verde organiza cada ano este festival co obxectivo de difundir a riqueza e versatilidade do teatro de monicreques e de obxectos, situándoo ao mesmo nivel do resto de manifestacións culturais que dan forma ao conxunto das artes escénicas. O director da Agadic destacou tamén a súa capacidade, demostrada nos seus máis de vinte anos de traxectoria, para crear e manter uns lazos sólidos de relación coa cidadanía, captar públicos novos e reivindicar este xénero cara aos espectadores adultos.
Nestes aspectos incide, ademais, a programación paralela de obradoiros e exposicións que terán lugar no marco deste encontro internacional, así como a convocatoria do Premio Galicreques para recoñecer o labor de promoción do mundo das marionetas realizado por entidades, persoas ou compañías. Nesta ocasión, o galardón recaeu no Centro Internacional del Títere de Tolosa (Topic), único espazo de toda Europa dedicado integramente a este ámbito teatral.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.