Notas de prensa

Emedous estrea Get Back en Narón sobre os conflitos dos galegos en Londres

Get Back, escrita por Diego Ameixeiras e dirixida por Jorge Coira, narra os conflitos dos galegos en Londres que se dan a si mesmos o nome de "londoners". Estreáse no Pazo da Cultura en Narón. O proceso de construción desta comedia comeza cunha investigación na que tamén interveu o xornalista e escritor Camilo Franco.

Alfonso Agra, Federico Pérez, Tamara Canosa, Miguel Guido e Mercedes Castro dan vida a unha panoplia de personaxes entre os que hai unha bióloga buscando a vida cun traballo de camareira, un empresario que leva tempo afincado na “City”, un informático buscando a súa oportunidade e un londiniense. O proceso de construción desta comedia comeza cunha investigación na que tamén interveu o xornalista e escritor Camilo Franco sobre os galegos que viven na capital británica e que se dan a si mesmos o nome de "londoners". A obra que se estrea este venres no Pazo da Cultura de Narón estará de xira ata finais de xaneiro e pasará por Vigo, As Pontes, Pontevedra, Ourense, Santiago e Coruña.

Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres. O escritor Diego Ameixeiras asina o texto de Get Back a estrea da compañía teatral Emedous que mañá inaugurará a súa xira en Narón. O realizador Jorge Coira pásase nesta ocasión ao eido teatral para dirixir un elenco de dúas actrices e d tres actores que interpretarán a estes "londoners" que se atopan no transporte da capital británica. Segundo Coira "Get Back é un momento no que se para a vida durante unha hora e media e cinco personaxes que cada un ten a súa historia, que cada un ten o seu conflito, a súa crise pequena ou grande terá un momento para parar, poñela en conflito cos demais e aprender algo da vida".

Fotografía e máis información en: http://emedous.com/es/

Eme2 (emoción&arte), 2016-09-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES