Notas de prensa

Ernesto Chao, novo presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia

Da votación saíu a elección do actor Ernesto Chao, popular polos seus papeis nas series de ficción da TVG e o seu paso polo teatro, como novo presidente, mentres continúan nos seus postos Mabel Rivera na vicepresidencia e Iria Sobrado como secretaria. Chao é un actor de teatro cunha carreira ininterrompida desde 1969 e foi director do Centro Dramático Galego nos anos 80.

A Asociación de Actores de Actrices de Galicia (AAAG) celebrou onte, 11 de setembro, unha asemblea xeral na que os membros escolleron nova directiva. Da votación saíu a elección de Ernesto Chao como novo presidente, mentres continúan nos seus postos Mabel Rivera na vicepresidencia e Iria Sobrado como secretaria. A directiva complétase con Nieves Rodríguez, Laura Míguez, Diego Freire, Santi Romay, Machi Salgado, Martín Máez, Toni Salgado, Xavier Estévez, Marta Lado e Lucía Sá como vogais. Chao, que foi un dos fundadores da AAAG, substitúe a Vicente Mohedano ao cargo da entidade e encara un mandato de dous anos, segundo establecen os estatutos.

Ernesto Chao, un dos fundadores que en 1985 puxeron en marcha a AAAG, sucede deste xeito a Vicente Mohedano na presidencia dunha Asociación que abre esta nova etapa encabezada por un grupo directivo que mestura caras novas e membros da xunta saínte.

Asociación de Actores de Actrices de Galicia (AAAG), 2016-09-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES