
O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela inaugura o mércores, 1 de xuño a exposición Historia do microscopio a través da colección Camacho e Pallas, que reúne por primeira vez dúas pezas emblemáticas, unha edición orixinal da obra Micrographia: or some Physiological Descriptions of Minute Bodies Made by Magnifying Glasses de Robet Hooke publicada en 1665 e un microscopio construído por Antony van Leeuwenhoek, tamén no século XVII.
Xunto con estas dúas pezas, que representan a orixe da microscopía, móstranse ademais modelos de microscopios simples e compostos que permiten coñecer a súa evolución histórica, reflexo das melloras ópticas, mecánicas e estéticas, desde o século XVII ata principios do XX.
A colección Camacho e Pallas é a mellor que existe na actualidade, tanto polo seu valor científico como histórico e cultural. Os seus propietarios, a especialista en otorrinolaringoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e profesora asociada da USC Estrella Pallas Pallas e o director médico do laboratorio Vithas Lab do Grupo Vithas, Tomás Camacho, comezaron a colección en 2000 cun modelo de microscopio denominado Harvard e fabricado por Bausch and Lomb en 1876.
Foi en 2015 cando esta colección pasa a ser a máis representativa da historia da microscopía, ao incorporar o microscopio construído por Leeuwenhoek -un dos dez modelos existentes na actualidade e o único autentificado como orixinal- e a obra de Hooke, cuxas descricións foron a base para que Leeuwenhoek puidese construír os primeiros aparellos que permitían aumentos de ata 300 veces do tamaño real.
Os dous propietarios asisten á inauguración, que presidirá ás 20.00 horas o reitor Juan Viaño nun acto no que tamén participa a directora do museo, Isabel Fraga. A asistencia á exposición é de balde en horario de apertura do museo.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.