
O alumnado das tres universidades galegas, do bacharelato artístico e das diferentes escolas de Imaxe e Son de Galicia poden participar xa na quinta edición do Certame de curtas de comedia Somos a curta!, que estende ata o 12 de outubro o prazo para presentaren as súas pezas audiovisuais de 10 minutos como máximo, co humor como piar e en lingua galega.
O V Somos a curta! da Facultade de Ciencias da Comunicación e co que colabora o Servizo de Normalización Lingüística da USC está dotado con dous galardóns de 450 e 250 euros, respectivamente, para os dous proxectos mellor valorados polo xurado. Ademais, farase entrega dun premio á curta que acade unha mellor acollida entre o público asistente á gala de finais de outubro.
Na web do concurso pódese acceder á información sobre as edicións anteriores e visualizar curtas gañadoras en pasadas edicións: Longa noite de verga (2011), Chapeau, Por Couso, Familia (2012), Santiago de Compostela 2014 e Loita de clases (2013), Laranxa e media e Quérote tal e como son (2015).
Máis información en: http://www.usc.es/gl/servizos/snl/dinamizacion/somosacurta2016.html
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.