
A autora Avelina Pérez, co texto Eu controlo, é a gañadora da terceira edición do Premio Pegada de Teatro Radiofónico, organizado pola Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). A directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia, fíxolle entrega do galardón no transcurso da xornada de actividades durante a que a ESAD está a celebrar os días mundiais do teatro e a danza.
O actor Antonio Durán Morris foi o encargado de abrir esta programación especial coa lectura do manifesto do Día do Teatro, tras a que se deu a coñecer o nome da gañadora deste terceiro Premio Pegada e tivo lugar a lectura dramatizada do texto galardoado.
Dramaturga, directora e actriz moi vinculada ao teatro social, Avelina Pérez foi tamén gañadora ex aequo (xunto a Clara Gayo) da última edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico coa súa obra Non teño espello no baño. Na actualidade cursa estudos de Dramaturxia e Dirección na ESAD.
Gravación e emisión da obra galardoada
A Agadic contribúe á organización do Premio Pegada, que ten como obxectivo promover a creación dramática en galego e a recuperación do formato de radio-teatro en Galicia, mediante a entrega como dotación dun cento de libros de creación e investigación teatral pertencentes ao seu fondo bibliográfico. O galardón contempla, así mesmo, a gravación e emisión do texto por Radio Redondela que, xunto ao IES Audiovisual de Vigo, colabora tamén nesta convocatoria da ESAD.
Esta xornada de celebración na ESAD estenderase ata finais desta tarde con escenificacións a cargo dos estudantes do centro, charlas de formación complementaria e interpretacións musicais en colaboración co alumnado do Conservatorio Superior de Vigo.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.