Notas de prensa

O libro El dilema de Spallanzani y otras curiosas historias de murciélagos, no Museo de Historia Natural

Unha anotación de Spallanzani a finais do S. XVIII, sobre un "morcego que podía ver perfectamente, aínda que fora privado dos seus ollos, é inexpresable”, é o punto de partida do libro El dilema de Spallanzani y otras curiosas historias de murciélagos que o biólogo Roberto X. Hermida, presenta no Museo de Hª Natural.

“Meu asombro por este morcego que podía ver perfectamente, aínda que fora privado dos seus ollos, é inexpresable”. Esta anotación feita por Spallanzani no seu caderno a finais do século XVIII é o punto de partida do libro El dilema de Spallanzani y otras curiosas historias de murciélagos que o seu autor, o biólogo Roberto X. Hermida, presenta o xoves 10 de marzo, ás 19.30 horas no Museo de Historia Natural da USC. A entrada é libre ata completar aforo.

Na presentación intervirán, ademais do autor, a directora do Museo, Mabel Fraga, e o licenciado en Filosofía pola USC e Máster en Desarrollo e ONGs pola London School of Economics and Social Science Xose Luis Pastoriza. Logo da presentación, que virá acompañada por unha proxección de imaxes, haberá un pequeno debate.

Os clásicos experimentos con que Spallanzani intentou desvelar o misterioso sentido que permite aos morcegos voar na escuridade forman o esqueleto sobre o que o Hermida vai entretecendo historias, lendas, descubrimentos e as súas propias andanzas e as doutros investigadores no estudo e conservación dos morcegos para descubrirnos o incrible mundo dos únicos mamíferos que lograron conquistar o voo activo.

Roberto X. Hermida nace en Vilagarcía de Arousa en 1975 e vive a maior parte da súa vida en As Pontes. Licénciase en Bioloxía en 1998 e doutórase pola USC en 2010. Uns anos antes participa na posta en marcha do programa de estudo e conservación de morcegos Morcegos de Galicia dende a asociación Drosera. Na actualidade preside a Asociación Galega de Custodia do Territorio.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2016-03-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES