Notas de prensa

A USC conmemora con numerosos actos o Día Internacional das Mulleres

O día 8 de marzo celébrase no Salón Nobre de Fonseca o acto central do Día Internacional das Mulleres. Unha celebración en torno á que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) organizou un amplo programa de actividades entre o 7 de marzo e o 7 de abril, cando se pecha na Biblioteca Intercentros de Lugo a motra dos Premios María Josefa Wonenburger Planells.

A Universidade de Santiago conmemorará o Día Internacional das Mulleres con varios actos que se estenden máis aló da propia data, o 8 de marzo, cando terá lugar o acto central no que se recoñecerá o labor do Servizo de Normalización Lingüística da USC en prol da igualdade. Este acto central será o martes ás 17.00 horas no Salón Nobre de Fonseca.

Previamente, dende o luns 7 e ata o día 18 a Facultade de Química acollerá a mostra bibliográfica ‘Mulleres na química’, unha escolma dos fondos da Biblioteca da facultade que dá conta do importante papel das mulleres no pasado e no presente da investigación química.

Ademais, do 17 de marzo ao 7 de abril a Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo será o centro que acubille a exposición dos Premios María Josefa Wonenburger Planells que entrega dende 2007 a Unidade de Muller e Ciencia. Unha mostra itinerante polos 7 campus universitarios galegos coa que se pretende visibilizar as contribucións feitas por estas científicas e tecnólogas galegas e así dar a coñecer entre a comunidade universitaria o seu traballo. O percorrido pecharase no Campus de Santiago no mes de xuño.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2016-03-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES