Notas de prensa

Exposición Arte, artesanía, deseño e sustentabilidade en Galicia no século XXI

O Centro Torrente Ballester inaugura o 22 de xaneiro a exposición Arte, artesanía, deseño e sustentabilidade en Galicia no século XXI, comisariada por Mónica Maneiro. Con motivo da mostra, ten lugar unha mesa redonda con diferentes axentes galegos especializados en deseño.

Sen pretender abarcar a totalidade do que o sector galego ofrece nos nosos días, a exposición Arte, artesanía, deseño e sustentabilidade en Galicia no século XXI si achega unha mostra da realidade do novo deseño na nosa comunidade prestando especial atención ao deseño industrial, o deseño editorial, o deseño de moda, a tipografía, ou o deseño de produto. Todo isto vese pautado pola presenza das prácticas de sustentabilidade como fío de unión.

No ámbito do deseño editorial destaca a forma de comunicar de estudos como Numax, Ta Ta Ta, desescribir ou Dardo e os deseños de Uqui Permui. A tipografía ven da man da Isaac Sans creada por Marcos Dopico, inspirada na tradición da letra galega e que serve de soporte a toda a gráfica da mostra. No campo da moda atópanse as arriscadas e frescas propostas de Amai Rodríguez ou La Canalla e os cálidos tecidos de Anna Champeney. Seguindo co téxtil pero nunha liña máis experimental destaca a impoñente instalación de Sara Coleman, que se complementa na exposición coas propostas espaciais de Sistema Lupo e a intervención lumínico-artística de Arturo Álvarez. Creadores como Rosa Méndez, Marta Armada ou Noroeste Obradoiro son algúns dos representantes das últimas tendencias da xoiaría artesanal galega. En canto ao deseño industrial, cabe mencionar as propostas de Cenlitrosmetrocadrado e K-lo Taller de Ecodiseño e o seu proxecto lámparasdecarton.com, ou lago:monroy ou Tomás Alonso. Tamén forman parte da mostra a fusión da cestería e o téxtil nas pezas de Idoia Cuesta e os proxectos de mobiliario de Elías Cueto. A reinvención da cerámica tradicional de Víctor Ares e o deseño para nenos de Cucuducho, pechan unha proposta para imaxinar o novo deseño en Galicia.

Centro Torrente Ballester de Ferrol , 2016-01-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES