
O Pleno do Parlamento galego acolle na semana do 25 de xaneiro o debate de totalidade do proxecto de Lei do Patrimonio Cultural, unha iniciativa lexislativa que conviría que saíse cun amplo grao de acordo para protexer o noso patrimonio no só con sancións senón tamén incentivando a conservación con apoio económico, manifestou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy.
O Grupo Popular celebrou a súa habitual reunión dos luns na que comezou a preparar a sesión plenaria da vindeira semana. Como novidade, esta xuntanza contou coa presenza das dúas novas deputadas: Sandra María Devesa Bouzas, que substitúe á nova senadora e ex viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado; e Elena González Sánchez, que ocupará a vacante deixada pola ex Presidenta do Parlamento e nova deputada no Congreso, Pilar Rojo.
Pedro Puy subliñou que, coa recente reforma do Regulamento, iniciamos o período ordinario de sesións máis longo da historia do Parlamento de Galicia, que se estenderá do 15 de xaneiro ata o 15 de xullo e que terá 12 sesións plenarias.
Respecto da sesión plenaria da vindeira semana, Puy avanzou que, tamén como consecuencia da reforma da Lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá, procederase ao debate de toma en consideración da iniciativa lexislativa popular de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética, unha vez se cumpre o segundo pleno no que está en disposición de proceder ao seu debate.
Así mesmo, o portavoz popular apuntou que na sesión plenaria procederase ao debate de totalidade do proxecto de Lei do patrimonio cultural, que substitúe e unifica tres textos lexislativos: o de Patrimonio cultural de 1995, o de Protección dos Camiños de Santiago de 1996 e o de Traballos de dotación artística nas obras públicas e nos Camiños de Santiago de 1991.
Pedro Puy salientou que este texto lexislativo entra no Parlamento con achegas de máis de 60 entidades, entre as que figuran as tres universidades, a Academia de Belas Artes, o Colexio de Arquitectos e a fiscalía especializada en delitos contra o patrimonio, así como o ditame do Consello da Cultura Galega.
Esta nova Lei persegue catro obxectivos fundamentais: incrementar a colaboración de todas as Administracións, especialmente dos concellos; regular novos patrimonios, como o inmaterial, o subacuático, o industrial e o científico; implantar un réxime sancionador máis estrito, ao tempo que as infraccións moi graves poden implicar sancións de ata un millón de euros, e simplificar a lexislación e a xestión administrativa do patrimonio cultural, explicou Puy.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.