Notas de prensa

Medio centenar de actividades, na XLVIII Feira do Cocido de Lalín

Presentouse a XLVIII Feira do Cocido de Lalín cun programa que reúne máis de medio centenar de actividades nas que se aposta pola participación, a colaboración cidadá, a diversidade e a solidariedade. A feira arranca o 31 de xaneiro co coñecido como Xantar Solidario e estrea unha nova web: feiradococido.lalin.gal

Nota de prensa do Gabinete de Comunicación do Concello de Lalín:

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, o tenente de alcalde, Nicolás González Casares, a concelleira de Cultura, Lara Rodríguez Peña e o concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño presentaron o programa de actividades da edición número 48 da Feira do Cocido. O evento contará este ano con estas novidades principais:

1. XANTAR SOLIDARIO (31 DE XANEIRO)

O denominado Cocido Solidario 2016 substituirá á anterior comida oficial. Coa celebración deste evento, o Concello de Lalín pretende recadar fondos con fins solidarios para destinalos ás distintas asociacións sen ánimo de lucro do municipio e así colaborar no cumprimento de accións sociais, unha das prioridades do Goberno local. Este ano os fondos irán destinados á Asociación ARANES e a asistencia ao Cocido Solidario 2016, que se celebrará no Hotel Torre do Deza, estará aberta ao público en xeral. O prazo para facerse cunha entrada rematará o próximo 26 de xaneiro.

2. ALDEA SINGULAR (ENTREGA 31 DE XANEIRO)

Este galardón ten como principal obxectivo recoñecer os valores patrimoniais, sociais, culturais e paisaxísticos dos moitos núcleos de poboación que existen no rural de Lalín. Desta maneira tamén se avanzará nunha das principais intencións do Goberno local para este mandato: promover a posta en valor, o coidado, a recuperación e a rehabilitación dos lugares e parroquias de Lalín. Neste sentido, Cuíña reitera que “a Encomenda do Cocido constituía un claro exemplo de acto propagandístico para contentar aos amigos políticos”.

3. CARPA DO COCIDO

Outra das novidades deste ano. Será unha carpa iglú, transparente, de 70 metros de longo por 20 de ancho, patrocinada por Mahon. Nela instalaranse durante os días da Feira os postos de venda de produtos cárnicos, alimentación, artesanía, etc. Trátase dunha actividade tradicional da Feira á que este ano se lle pretende dar unha visión innovadora coa redefinición das actividades presentes neste espazo. Realizaranse actividades tamén durante todo o tempo que estea instalada no Campo da Feira Vello o que garantirá unha gran afluencia de público independentemente da situación climatolóxica.

4. COCIDO LGTB (5 DE MARZO)

O Cocido LGTB que se está a organizar en colaboración con diferentes asociacións de toda Galicia é outra das iniciativas novidosas que vai incluír este ano a programación da Feira do Cocido. O seu obxectivo pasa por ser una xornada de reivindicación e visibilización do colectivo LGTB, ao tempo que se afonda no propio carácter lúdico e gastronómico da Feira do Cocido de Lalín.

5. COCIDO MIÚDO (FIN DE SEMANA DO 22 AO 24 DE XANEIRO) E COCIDO DOS MAIORES (14 DE FEBREIRO)

Actividades para os máis pequenos na carpa do campo da Feira. Obradoiros, xogos e animación. Contará cun Tren Turístico (Patrocinado por Gas Natural) que percorrerá as rúas de Lalín, transportando nenas e nenos durante toda a fin de semana.

Pola súa banda, o Cocido dos Maiores celebrarase en Cercio, cun programa destinado de forma específica á xente maior.

6. ACTIVIDADES NO ABANCA-LALÃN ARENA

Entre elas a Gala do Cocido, na que se entregan os premios de xornalismo gastronómico “Ãlvaro Cunqueiro”, así como os premios de Gastronomía, aos profesionais que máis destacaron pola súa dedicación, pola potenciación da cociña galega e pola promoción dos produtos gastronómicos galegos. Tamén se celebrarán alí eventos como o Festival das Bandas de Música do Concello de Lalín.

7. MATANZA TRADICIONAL (17 DE XANEIRO)

Os veciños e veciñas da parroquia de Soutolongo serán os encargados de organizar a celebración da próxima Matanza Tradicional do Porco que ten lugar cada ano de xeito paralelo á Feira do Cocido e que chega xa á súa XVII edición. Este festexo trata de potenciar as tradicións populares e poñelas en valor a través da recreación do proceso da matanza, que se compón de diferentes tarefas tales como o chamusco, ou o partido do animal para a posterior conservación e consumo.

8. BUS PROMOCIONAL

A difusión da Feira desenvolverase durante as próximas semanas mediante un autobús promocional (Patrocinado por Gadis e Abanca) que ten previsto percorrer varias cidades galegas e algunhas do Norte de Portugal. Este autobús -rotulado co cartel da Feira do Cocido- sairá de Lalín hoxe martes e permitirá realizar degustacións ao público, ademais de propiciar unha presentación innovadora e moderna que asegure unha gran repercusión social. Somos conscientes de que o noso público obxectivo e maioritario está no noso entorno máis próximo. Con esta campaña, nas semanas previas á Feira, pretendemos conseguir atraer un gran número de visitantes de Galicia e o Norte de Portugal. O calendario é o seguinte:

12 xan. (Lalín e percorrido pola cidade de Ourense)
13 xan. (Lugo, praza Maior)
15 xan. (Ferrol, praza de Armas)
16 xan. (A Coruña, zona Obelisco)
18 xan. (Vigo, porta do Sol)
20 xan. (Pontevedra, praza de España)
22 xan. (Braga)
23 xan. (Santiago, praza do Obradoiro)

Todas as presentacións nas diferentes cidades contarán coa colaboración dos novos valores da cociña de Lalín. (Diego López, da Molinera; Ãlex Iglesias, do Cabanas; Davinia Rielo, do Catro Camiños; Conchi Peiteado, do Agarimo; Alberto González, do Currás; e Lupi, das Palmeras)

9. NOVA WEB

O Concello estrea un novo portal dedicado á Feira do Cocido (feiradococido.lalin.gal). Será o contedor dos principais acontecementos desta edición do Cocido, mais non terá un carácter estacional, senón que manterá a súa actividade ao longo do ano recollendo eventos relacionados coa feira e a promoción turística do Concello. As seccións da web recollerán as distintas actividades que se desenvolverán nestes meses, dende a información institucional ata eventos culturais e deportivos, configurándose como o punto de encontro dixital da feira do cocido. O portal irá acompañado dunha estratexia de comunicación nas distintas redes sociais (facebook, twitter, pinterest e instagram). Tamén contará cun directorio de locais e empresas gastronómicas ligadas ao cocido, como restaurantes, carnicerías, panaderías e queixerías. O deseño da web fai uso de tecnoloxías que permiten a súa adaptación aos distintos dispositivos (computadores, móbiles, tablets e smart tvs) e cumpre as directrices en materia de accesibilidade web, conseguindo un maior grao de universalidade garantindo o acceso a persoas con diversidade funcional.

10. PREGOEIRO

A edición número 48 da Feira do Cocido, que se celebrará en Lalín o domingo, 31 de xaneiro, terá como pregoeiro ao xornalista galego Manuel Jabois. É unha das grandes voces do novo xornalismo español e unha das firmas de cabeceira do diario “El País”, o periódico de maior tirada do Estado. A súa presenza contribuirá a darlle prestixio e proxección á Feira e a elevar a nómina de grandes xornalistas que xa foron pregoeiros deste evento, como Ãlvaro Cunqueiro. No ano 2003 gañou a edición número 24 do “Premio Nacional de Periodismo Julio Camba”, un dos máis importantes do xornalismo no Estado español.

11. PEÑA DO PORCO (HOMENAXE 15 DE XANEIRO)

A Peña do Porco creouse en 1964, na etapa do alcalde Luís González Taboada, e as súas xuntanzas foron o berce da actual Feira do Cocido, que hoxe se converteu nun dos festexos gastronómicos de máis sona tanto en Galicia como fóra das súas fronteiras, ademais de levar o nome de Lalín polo mundo e servir de atracción turística. Non obstante e, aínda que a sociedade continúa celebrando comidas de confraternidade de xeito periódico, nunca se producira un recoñecemento oficial por parte do Concello de Lalín. Por este motivo, o actual grupo de Goberno decidiu impulsar este tributo que poñerá en valor dunha vez por todas a significación que a Peña do Porco tivo para que a Feira do Cocido sexa o que é na actualidade.

12.CARTELISTA (FRANCISCO JOSÉ LÓPEZ FERNÃNDEZ, PICHI)

A obra que serve de motivo para o cartel foi creada no ano 2007 polo veciño lalinense xa falecido, Francisco López Fernández, coñecido como “Pichi”, que a executou mentres estaba ingresado nunha residencia de maiores, no marco dun obradoiro de pintura relacionada co cocido. No ano 2007, a Residencia de persoas maiores Nosa Sra. Das Dores de Lalín, puxo en marcha un proxecto -comandado por Celso Fernández- no que se propuña que os residentes traballasen na elaboración do cartel da Feira do Cocido, coa intención de que unha das obras resultantes acabase anunciando a 39ª edición do evento gastronómico. Non obstante, o obxectivo final do proxecto non se cumpriu ata este ano, rescatando así unha vella encomenda da sociedade lalinense e do gremio artístico e cultural do concello. (Dende o 14 de xaneiro no Museo, exposición de carteis para o Cocido do obradoiro feito na residencia Nosa Señora das Dores de Lalín).

Concello de Lalín, 2016-01-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES