A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha 'Aquí Sabemos', unha nova identidade destinada a dar maior visibilidade aos produtos agroalimentarios galegos que contan con distintivos de calidade diferenciada. A iniciativa agrupa baixo unha mesma imaxe as denominacións de orixe (DO), as indicacións xeográficas protexidas (IXP), a Artesanía Alimentaria e a Agricultura Ecolóxica, co propósito de facilitar o seu recoñecemento por parte dos consumidores e reforzar a súa presenza no mercado.
Os Catro Evanxelistas
Para non ter dúbidas, acudamos aos catro evanxelistas, pois neles temos a fonte limpa, veraz, irrebatible, do catolicismo.
San Mateo
Escolma do seu evanxeo:
1, (18 - 25) (En Lucas 2, 1-7). O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a...
O sector hoteleiro galego continúa a mostrar unha evolución positiva en 2026. Os datos correspondentes ao mes de outubro feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) confirman un incremento do 7,7% en viaxeiros e do 6,1% en noites. Os ingresos do sector hoteleiro cifráronse o pasado mes en 47,6M de euros, o que se traduce nun crecemento do 16,3%. En concreto, durante outubro aloxáronse nos hoteis galegos 537.950 viaxeiros, mentres que o número de noites alcanzou as 927.766 noites. A estadía media situouse en 1,72 noites, un 1,5% menos que en outubro de 2025.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello 'aprobou hoxe a nova Estratexia de internacionalización das empresas galegas, con horizonte 2028, e dotada de máis de 160 millóns de euros'. Este orzamento supera nun 54 % o da Estratexia 2021-2025. O obxectivo, tal e como resaltou a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, 'é que cada vez máis empresas galegas vendan fóra, que o fagan de forma estable e cheguen a novos mercados'. A nova folla de ruta poñerá especial interese, segundo explicou o presidente, 'en dous destinos que ofrecen grandes oportunidades como é China e os países de Mercosur'.
DEMETRIO ALVAREZ