Archivo (3 del 2025)

Buscador

Noticias

A finais do mes de xaneiro o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico enviou á Consellería un documento denominado Caso de estudo Sogama para analizar a aplicación que se está a facer en Galicia do novo imposto sobre o vertido e a incineración. Tras advertir de que os servizos xurídicos da Consellería analizarán con detalle o alcance e posibles repercusións deste estudo, Ángeles Vázquez lamentou que o Estado ignore as dificultades que están a pasar moitas administracións locais e defenda como única opción que se repercuta sobre elas o 100% dos novos impostos estatais de residuos co argumento de que asumilos en parte pola Xunta 'contravén o efecto' co que foron concibidos e de que 'non está claro que esta vía sexa a máis efectiva'.
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello da Xunta aprobou o decreto que declara Ben de Interese Cultural o Entroido ao considerar acreditado o seu valor sobranceiro como 'patrimonio inmaterial da nosa Comunidade'. Esta declaración culmina o proceso iniciado en 2024 para darlle esta distinción ao Entroido galego e chega tras recibir os informes favorables do Consello da Cultura Galega e do Museo do Pobo Galego sen que se rexistrase ningunha alegación, e supón a aplicación do réxime de tutela da Lei de patrimonio cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección. Segundo sinalou Rueda, esta celebración ten unha 'incalculable importancia' desde o punto de vista histórico, etnográfico e cultural, cunha relevante presenza nas 'artes e nas letras' dentro e fóra da nosa Comunidade.
Alfonso Rueda destacou que o Goberno autonómico traballa no deseño da nova Estratexia de internacionalización da empresa galega 2026-2030, a folla de ruta para seguir potenciando a saída ao exterior das empresas galegas e que inclúe medidas para que o tecido produtivo afronte mellor os retos do futuro máis inmediato. Rueda salientou a posible implantación de aranceis por parte de Estados Unidos ao produtos doutros países. Nesta liña lembrou que, na actualidade, hai 'un millar de empresas galegas que exportan aos EEUU, das que 350 o fan de forma regular'.
« Anterior | 5  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (382)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES