Archivo (9 del 2021)

Buscador

Noticias

Alberto Núñez Feijóo avanzou que a Estratexia Educación Dixital 2030, que contará cun investimento de 120 millóns de euros para os primeiros tres anos de aplicación, permitirá acadar un ecosistema educativo de alto rendemento e a transformación nas aulas. Esta iniciativa estará sustentada no desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento e no perfeccionamento de competencias para acadar unha verdadeira transformación dixital.
Os datos do paro rexistrado correspondentes ao mes de agosto evidencian que Galicia continúa a resistir á covid-19. Non só polos preto de 15.000 parados menos rexistrados respecto de febreiro de 2020 (mes anterior á irrupción da pandemia), senón porque a comunidade é a única que encadea oito meses de baixada do paro mensual desde xaneiro e acada un descenso do desemprego respecto a agosto de 2020 (interanual) nunca visto desde que existen datos. Ademais consegue crear emprego ao elevar as afiliacións o mes pasado, cando no Estado descenderon un 0,60% fronte a xullo.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.522 deles 1.871 son da área da Coruña, 1.402 da de Lugo, 679 da de Ourense, 504 da de Pontevedra, 1.250 da área de Vigo, 1.309 da de Santiago e 507 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 153 en unidades de hospitalización e 7.316 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 169.094 persoas curadas, rexistrándose 2.574 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.752.676.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, pronunciou na localidade portuguesa de Braga o relatorio inaugural do XVI Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía, organizado pola Universidade de Minho e a Universidade da Coruña (UDC), onde compartiu ante expertos internacionais o modelo educativo de éxito levado por Galicia no pasado curso marcado pola covid-19. O conselleiro repasou como se ten adaptado o ensino galego nos últimos meses cando a Xunta tivo que axilizar unha resposta planificada para o primeiro curso presencial nunha pandemia.
« Anterior | 6  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (270)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES