Buscador
Noticias
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
Entre as obras da publicación, destaca Birdboy, candidata aos premios Goya á mellor curta de animación. Será presentado o compendio das mellores curtametraxes galegas Shorts from Galicia.
O concello pontevedrés, o "qm 0 de Galicia", que conta con 20.000 habitantes recibirá máis do triplo de visitantes que veciños ten o día 12 de febreiro en que se celebra a XLIV edición da Festa do Cocido de Lalín.
Pelos na lingua é unha comedia sobre os usos e abusos do galego, mentras que Volpone retrata satíricamente a obsesión humana por acumular riquezas e poder. Son as dúas obras que Talía Teatro representará ante máis de 1.700 estudantes 28 centros galegos de bacharelato.
Entre xaneiro e abril impártese un curso en Santiago de Compostela, no marco da colaboración entre a Consellería de Cultura e Educación e o Consorcio Audiovisual de Galicia para impulsar cursos monográficos de inglés audiovisual.
A secretaria xeral para o Turismo presentou na Coruña a Exposición da Camelia que se celebra en febreiro na cidade herculina, destacando a potencialidade da Ruta da Camelia como produto turístico cabeceira de marca, orixinal e diferenciador.
A Radio Galega e o Centro Dramático Galego, co patrocinio da Agadic, promoven este galardón dotado cun total de 6.000 euros para dúas modalidades de selección. Con 51 orixinais recibidos, é a edición máis concorrida da historia do certame de teatro.
Fállanse os certames de Debuxo infantil, de Arte, de Xornalismo e de Poesía convocados polo Centro Cultural José Domínguez Guizán, de Begonte.
O presidente do Goberno galego presidiu a homenaxe a Xosé Neira Vilas con motivo do LI aniversario da publicación do seu libro Memorias dun neno labrego. Eloxiou a obra literaria do escritor porque permite apreciar o inmenso esforzo dun país por erguerse e porque é un manual para entender Galicia e para querela.
O grupo máis emblemático e descarado do rock en galego regresa aos escenarios en 2012 para celebrar o seu 20º aniversario e compracer os milleiros de fans que desde hai anos viñan reclamando o seu regreso.