Notas de prensa

Preséntase a XLIV Festa do Cocido de Lalín na Casa de Galicia en Madrid

O concello pontevedrés, o "qm 0 de Galicia", que conta con 20.000 habitantes recibirá máis do triplo de visitantes que veciños ten o día 12 de febreiro en que se celebra a XLIV edición da Festa do Cocido de Lalín.

A delegación da Xunta en Madrid acolleu a presentación da XLIV Edición do Cocido de Lalín na que interviñeron o delegado e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; o alcalde do concello, José Crespo Iglesias; o concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez Fernández; o presidente da Academia Española de Gastronomía, Rafael Ansón Oliart e o restaurador, Manuel Domínguez Limeres. Ao acto asistiron tamén os empresarios Fernando Fernández Tapias, Julio Lage, José Solla; os xornalistas e escritores Pilar Cernuda e Carlos Reigosa; e o reverendo Andrés Ramos, entre outros.

Tras as palabras de benvida de Ónega, todos os intervenientes destacaron as excelencias do Cocido que é "máis que un prato" e que se converteu en "o motor dinamizador” da bisbarra, como o proban os miles de turistas que visitan a zona coa festa como reclamo, "O cocido é a desculpa para achegarse ao concello que máis castros celtas ten de toda España, doce ", dixo Crespo, que desexa ademais que "o cocido sexa para Lalín o que o Xacobeo para Galicia, ¡salvando as distancias!". Non en van, dignificamos un prato que antes era de pobres e agora é unha marabilla, que se debe gozar lentamente, coa compañía de familiares ou amigos e cunha longa sobremesa, como o facían hai máis de 40 anos, Cunqueiro, - capaz de distinguir e describir ata 27 sabores diferentes- e Castroviejo, que viñan dende Lugo pola mañá, a comer, e volvían no último coche de liña, con tempo, como debe ser! ".

Aínda que o lema "dende San Amaro ata San Martín, o mes do cocido de Lalín", parece que o mes quedouse curto porque se serviron cocidos ata o mes de maio e xuño. Ao éxito da convocatoria contribúen todas as administracións implicadas, xunto cos restaurantes e as empresas comarcais, porque ademais da comida hai moitos atractivos e numerosas actividades que se poden facer durante todo o ano. Para Crespo "xunto coa presentación, o convite xa está feito. Agora esperámolos en Lalín".

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-01-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (aeropuerto_santiago_nuevo.jpg) La asociación Hostelería Compostela ha reivindicado el "potencial" que tiene el aeropuerto de Lavacolla frente a los aeródromos de Vigo y A Coruña y ha criticado que la Xunta destine fondos a aeropuertos "con respiración asistida". Los empresarios del sector creen que eliminar el apoyo a las líneas de bajo coste es "una oportunidad perdida" para la internacionalización del turismo.
Foto de la tercera plana (crtvg_mosaico.jpg) Cae la publicidad emitida en gallego en Televisión de Galicia (TVG) en el año 2011 por razones como la crisis o la desaparición de las cajas, entre otras, y según lo expuesto por el director general de la CRTVG Alfonso Sánchez Izquierdo que sitúa este descenso en un 41,3%, frente al 51,2% de 2010. Asegura, también, que la CRTVG saneó su deuda un 88% en tres años y se sitúa en 3,6 millones de euros.

Notas

Trátase da primeira aplicación pública e gratuíta relacionada coa TDT, dispoñible para os cidadánsque dispoñan de móbiles de nova xeración -os chamados smartphones- e tamén para tablets. Esta aplicación de realidade aumentada axudará a cidadáns e empresas instaladoras a configurar e orientar as antenas de TDT nos fogares.
A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, presentou baixo o lema "Xunta, máis que un emisor" a política económica do Goberno galego. Fíxoo en Madrid diante de investidores aos que falou das vantaxes comparativas de Galicia como unha taxa de paro inferior en catro puntos á media española, según a conselleira.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Mulleres no Parlamento: Que este tempo é especialmente feminino ninguén o dubida. Ninguén que teña ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania
Ourente Cultural