A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta o peche inminente de Localia A Coruña. A noticia foi comunicada a este Colexio polos propios traballadores. A decisión foi trasladada á plantilla da televisión local que nun prazo de quince ou vinte dÃas cesará a súa actividade.
Nos meses anteriores ao peche, a empresa xa despedira dous traballadores, o que, sumado a outros dous profesionais aos que non se lles renovara o contrato, deixara a televisión local cun cadro de persoal de a penas seis traballadores.
Este novo peche ven a sumarse ao anunciado a mediados deste mes por Localia Pontevedra, xustificado por fontes da empresa na "forte caÃda do investimento publicitario" e que deixa na rúa outros sete profesionais da información.
Daquela, Utega, a sociedade de televisións locais que xestiona as emisoras de Localia, expresaba a súa intención de tentar manter as emisións de Localia na Coruña e en Vigo. Se a primeira anunciou xa o seu peche, a segunda comunicaba pouco despois o "despedimento obxectivo" do 40% do persoal.
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta estas noticias que reducen aÃnda máis o número de medios de comunicación galegos, redundando na perda de pluralidade informativa e na precarización laboral da profesión xornalÃstica.
O que foi unha aposta por manter as televisións locais galegas tras o peche da marca estatal Localia en 2008 non puido manterse, nun desenlace do que saen prexudicados tanto os profesionais que traballaban nestes medios como a sociedade galega en xeral.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.