PREÁMBULO
Os pobos de Europa, ó crear entre si unha unión cada vez máis estreita, decidiron compartir un porvir pacífico baseado en valores comúns.
Consciente do seu patrimonio espiritual e moral, a Unión está fundada sobre os valores indivisibles universais da dignidade humana, a liberdade, a igualdade e a solidariedade, e básase nos principios da democracia e do Estado de Dereito. Ó instituír a cidadanía da Unión e crear un espacio de liberdade, seguridade e xustiza, sitúa á persoa no centro da súa actuación.
A Unión contribúe á preservación e ó fomento destes valores comúns dentro do respecto da diversidade da cultura e tradicións dos pobos de Europa, así como da identidade nacional dos Estados membros e da organización dos seus poderes públicos no plano nacional, rexional e local; trata de fomentar un desenvolvemento equilibrado e sostible e garante a libre circulación de persoas, bens, servicios e capitais, así como a liberdade de establecemento.
Para iso é necesario, dotándoos de maior presencia nunha Carta, reforza-la protección dos dereitos fundamentais a teor da evolución da sociedade, do progreso social e dos avances científicos e tecnolóxicos.
A presente Carta reafirma, respectando as competencias e misións da Comunidade e da Unión, así como o principio de subsiedariedade, os dereitos recoñecidos especialmente polas tradicións constitucionais e as obrigacións internacionais comúns dos Estados membros, o Tratado da Unión e os Tratados comunitarios, o Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e as Liberdades Fundamentais, as Cartas Socias adoptadas pola Comunidade e polo Consello de Europa, así como pola Xurisprudencia do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas o do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos.
O disfrute de tales dereitos, da orixe a responsabilidades e deberes tanto respecto dos demais como da comunidade humana e das futuras xeracións.
En consecuencia, a Unión recoñece os dereitos, liberdades e principios enunciados a continuación.
![]() Artigo 1 Dignidade Humana. |
![]() Artigo 2 Dereito á vida. |
![]() Artigo 3 Dereito á integridade da persoa |
![]() Artigo 4 Prohibición da tortura e das penas ou os malos tratos inhumanos o degradante. |
![]() Artigo 5 Prohibición da escravitude e do traballo forzado. |
![]() Artigo 6 Dereito á liberdade e á seguridade. |
![]() Artigo 7 Respecto á vida privada e familiar. |
![]() Artigo 8 Protección de datos de carácter persoal. |
![]() Artigo 9 Dereito a contraer matrimonio e dereito a fundar unha familia. |
![]() Artigo 10 Liberdade de pensamento, de conciencia e de relixón. |
![]() Artigo 11 Liberdade de expresión e de información. |
![]() Artigo 12 Liberdade de reunión e asociación. |
![]() Artigo 13 Liberdade das artes e das ciencias. |
![]() Artigo 14 Dereito á educación. |
![]() Artigo 15 Liberdade profesional e dereito a traballar. |
![]() Artigo 16 Liberdade de empresa. |
![]() Artigo 17 Dereito á propiedade. |
![]() Artigo 18 Dereito de asilo. |
![]() Artigo 19 Proteccións en caso de devolución, expulsión ou extradición. |
![]() Artigo 20 Igualdade ante a lei |
![]() Artigo 21 Non á discriminación |
![]() Artigo 22 Diversidade cultural, relixosa e lingüística. |
![]() Artigo 23 Igualdade entre homes e mulleres. |
![]() Artigo 24 Dereitos do menor. |
![]() Artigo 25 Dereitos das persoas maiores. |
![]() Artigo 26 Integración das persoas descapacitadas |
![]() Artigo 27 Dereito á información e consulta dos traballadores na empresa. |
![]() Artigo 28 Dereito de negociación e de acción colectiva. |
![]() Artigo 29 Dereito de acceso ós servicios de colocación. |
![]() Artigo 30 Protección no caso de despido inxustificado. |
![]() Artigo 31 Condicións de traballo xustas e equitativas. |
![]() Artigo 32 Prohibición do traballo infantil e protección dos xoves no traballo. |
![]() Artigo 33 Vida familiar e vida profesional. |
![]() Artigo 34 Seguridade social e axuda social |
![]() Artigo 35 Protección da saúde. |
![]() Artigo 36 Acceso ós servicios de interese económico xeral. |
![]() Artigo 37 Protección do medio ambiente. |
![]() Artigo 38 Protección dos consumidores. |
![]() Artigo 39 Dereito a ser elector e elexible nas eleccións ó Parlamento Europeo. |
![]() Artigo 40 Dereito a ser elector e elexible nas eleccións municipais. |
![]() Artigo 41 Dereito a unha boa administración. |
![]() Artigo 42 Dereito de acceso ós documentos. |
![]() Artigo 43 O Valedor do Pobo. |
![]() Artigo 44 Dereito de petición. |
![]() Artigo 45 Liberdade de circulación e de residencia. |
![]() Artigo 46 Protección diplomática e consular. |
![]() Artigo 47 Dereito á tutela xudicial efectiva e a un xuíz imparcial. |
![]() Artigo 48 Presunción de inocencia e dereitos á defensa. |
![]() Artigo 49 Principio de legalidade e de proporcionalidade dos delictos e das penas. |
![]() Artigo 50 Dereito a non ser acusado e condenado penalmente dúas veces polo mesmo delicto. |
![]() Artigo 51 Ámbito de aplicación. |
![]() Artigo 52 Alcance dos dereitos garantidos. |
![]() Artigo 53 Nivel de protección. |
![]() Artigo 54 Prohibición do abuso de dereito. |