Capítulo III. Igualdade

Alejandra López Yáñez

Manuel Castro Rey

Vanesa Méndez Ares
SEXAS HOME OU MULLER,
¡QUE MÁIS DA!SOMOS IGUAIS

Neste cápitulo fálase da igualdade entre homes e mulleres, cousa que hoxe en día aínda non está moi igualado en consideración . A muller (dende sempre) foi considerada inferior, tanto no ámbito laboral coma no ámbito social. Hoxe a discriminación das mulleres aínda existe, pero xa se dá menos pola loita dos movementos feministas, os que reinvindican os dereitos das mulleres. Unha das cousas que xustificaba a maxificación das mulleres foi a dedicación que durante toda a súa vida déronlle tanto os nenos, coma enfermos ou anciáns. A solidariedade non tivo hitóricamente do xérnero femenino ¡unha magóa! Pero as cadeas xa están a romper.

SEXAMOS IGUAIS, PARA PODER SER DISTINTOS

A loita da muller pola igualdade foi un punto de referencia de outras desigualdades aínda pendentes. Os problemas económicos son un grande condicionante para o mantemento das desigualdades, xa que non se trata da mesma maneira; por exemplo un mozo negro e pobre, ó que moitas veces, non se lle faría nin caso, ca un neno rico, ó que gozaría de todo tipo de luxos por parte da sociedade.
Na Unión Europea debe haber unha educación igualitaria dende que somos pequenos; haberá respecto ó outro e á outra, ó negro e ó blanco, ó pobre e ó rico ,ó minusvalido, ó seroppositivo, etc.Iso pódese inculcar na escola, pero onde está a base da igualdade é na propia familia que é o espacio idóneo para a formación destes bos hábitos.

NON POR SER MAIOR ERES MÁIS MADURO ¡RESPECTA!

Todo menor ten dereito a expresar a súa opinión libremente e esta ten que ser tida en conta en relación cos asuntos que lles afecten. Tamén os peques teñen dereito a manter relacións persoais e contactos directos co pai e coa nai cando el queira. O interés superior do menor contituirá unha consideración primordial en tódolos actos relativos a eles, levados a cabo por autoridades públicas ou institucións privadas. De aí a instancia en que todo menor ten uns dereitos que deberán ser respectados polos nosos maiores. ¡Pequenos sí, pero con dereitos!


Capítulo II

Índice

Capítulo IV