Capítulo II. Liberdades

Beatriz Traveso

Jaime R. González

María Rodríguez Núñez
Sen medo ¡Defendémo-la liberdade!

A liberdade e a seguridade son dereitos fundamentais.
Un destes dereitos destacados é a protección dos datos persoais, que quedarán suxeitos ó control dunha autoridade independente.
O dereito á seguridade tamén engloba, loxicamente, o respecto á vida privada e familiar. Estes dereitos garánteno-la liberdade de contraer matrimonio e de fundar unha familia sen ter en conta as nosas condicións e, en concreto, sen discrimina-las inclinacións sexuais de cada persoa. Dentro destas condicións, no artigo 10, encóntrase a liberdade de pensamento, conciencia e relixión, xa que, ¡ninguén pode obrigarnos a dicir o que somos e pensamos!

Nesta carta cítanse uns dereitos esenciais, os de expresarnos, informar e ser informados libremente sen ter en conta a nosa condición social.
Tamén se defende a liberdade de reunión e asociación, tendo a posibilidade de fundar e afiliarnos a calquera sindicato.
No artigo 12 establécese que os partidos políticos expresarán a vontade dos cidadáns da Unión.
Algo moi importante para o progreso son as artes e as investigacións; dentro da Unión, estas serán libres.
O que debemos ter todos é unha educación básica, por iso, a ensinanza obrigatoria será gratuita, e poderemos acceder á formación profesional sempre que o desexemos, sexan cales sexan as nosas formas de pensamentos.
Tódolos cidadáns da Unión poderemos exercer aquela profesión elixida por nós, igualmente poderán facelo os nacionais de terceiros países que estean autorizados.
No artigo 16 fálasenos da liberdade de empresa de conformidade có dereito comunitario e coas lexislacións e prácticas nacionais, é dicir, quen así o desexe (e teña capital) pode formar unha empresa ó seu elixir.
Toda persoa poderá disfrutar dos seus bens propios sempre que sexan legais e, se é privado deles, terá dereito a unha indemnización.
A propiedade intelectual, é dicir, os productos culturais, tamén se consideran bens propios.
Teremo-lo dereito de asilo, garantido dentro das normas da Convención de Ginebra do 28 de Xullo do 1951 e do Protocolo do 31 de Xaneiro de 1967 sobre o Estatuto de Refuxiados e de conformidade co Tratado Constitutivo da Comunidade Europea. Por último, fálase de algo que está de recente actualidade: Están prohibidas as expulsións colectivas e ninguén poderá ser expulsado ou estradictado a un Estado no que corra un grave risco de morte, tortura ou outras penas ou tratos inhumanos ou degradantes.


Capítulo I

Índice

Capítulo III