Capítulo I. Dignidade

Javier Prieto

Marcos Castro
DIGNIDADE HUMANA

Este é un aspecto moi importante dos valores recollidos na Carta, refírese á vida das persoas. Algo que pertence en exclusiva a cada un, e ninguén nos pode degradar ou arrebatar.
Todo o mundo ten dereito a facer e desfrutar da propia vida á súa maneira, na medida en que queira desenvolve-la e contribuir ó desenvolvemento social. A nosa dignidade é inviolable e será sempre respectada e protexida.
Nos artigos deste capítulo I postúlase, ademais o dereito á integridade tanto física como psíquica. Esta última (a integridade da vida psíquica) é algo que ata estes tempos non se lle prestaba moita atención nas normas xurídicas, pero agora xa se comeza a considerar con máis intensidade.
Hai un apartado moi novedoso e que terá moita repercusión polos avances científicos que se están a producir na investigación do xenoma humano . Estamos a falar do contido do artigo 3. 2 onde se conteñen os principios xerais da que pode se-la BIOÉTICA europea. Como avance científico posúe unha faciana bipolar: por unha banda, presenta unha esperanza para o xénero humano; por outra, ten aspectos perigosos para a vida digna polos abusos da especulación comercial. Esperemos que triunfe a esperanza e a creación dunha cultura que garanta para todos unha vida cada vez máis digna.

RESPONSABILIDADE

Para vivir nun réxime democrático precísanse cidadáns activos e responsables. Non serve ser un cidadán pasivo que esté na actitude de “pasar”.¡para que vou participar, xa o farán outros!; pola contra precísanse persoas activas.
A xente activa está sempre a axudar na preservación do be-nestar social e a mellora-la sociedade do futuro. Os valores da boa cidadanía (da activa) contribúen á construcción do interese común.
Non podemos vivir sempre apegados ás nosas cousas e ós nosos particulares e inmediatos intereses

Ter uns dereitos supón tamén posuir certos deberes e isto maniféstase en tódolos ámbitos da convivencia social. É ben certo que nos ensinan a ser críticos, pero para isto temos que mellora-la nosa formación e procurar ve-las diferentes pers-pectivas das situacións que nas sociedades actuais son complexas. Pese a importancia que hoxe ten a información, non chega con coñece-las normas para cumplilas, faise ne-cesaria a responsabilidade. Os coñecementos por eles mesmos son insuficientes, necesítanse ademais os hábitos do “ben facer”.

Reponsabilizarse é ter consciencia do que se está a facer e tamén das consecuencias “previsibles” dos nosos actos. Na Carta contense unha formulación implícita do que chegará a ser unha Europa de cidadáns responsables.

Presentación

Índice

Capítulo II