PRESENTACIÓN

Manuel Regueiro Tenreiro
Profesor da asignatura de Ética e Filosofía do Dereito

O estudio e divulgación que @s 18 alumn@s da asignatura de Ética e Filosofía do Dereito, no Instituto “Anxel Fole”, quixeron facer sobre “A CARTA DE DEREITOS FUNDAMENTAIS DA UNIÓN EUROPEA” resúmese no cartel que abre esta mostra. A portada-cartel é unha alegoría do agromar dunha nova cultura europea, quere simbolizar, sobre todo, o xenoma socio-cultural da Europa que queremos.

Os símbolos fundamentais son tres:

1. A base da nosa muralla que nos conecta coa tradicción da primeira luz de Europa romanizada. Ó mesmo tempo fainos solidarios coa humanidade da que o noso monumento é patrimonio.

2. A forza ascendente dos valores, dereitos e liberdades contidos na Carta e simbolizados na “figuración xenética”.


3. A coroa final está representada polos dous E do que xa está feito e do que resta por facer (un E feito de estrelas).


Se o noso libro da vida (xenoma) está contido nos cromosomas, a forza do novo xenoma socio-cultural está nos sete capítulos da Carta Europea de Dereitos Fundamentais. E cada capítulo está a encherse con miles de novas historias (xenes) e de novos esforzos que están a construi-la nova Europa desenvolvendo o contido dos 54 artigos deste boceto do que será a Constitución Europea.


Índice